• Lunes, 06 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Día do libro

No corazón dunha editorial: "Nós poñemos os libros a navegar polo mar dos lectores"

Celebramos o 23 de abril mergullándonos no traballo e nos tesouros de Alvarellos Editora. A vicedecana das editoriais galegas manda xusto hoxe a imprimir unha obra de Cunqueiro

Audio

Redactora de COPE Galicia

Santiago de Compostela

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 24 abr 2024

Na rúa Sempre en Galiza... que mellor lugar para unha empresa adicada a promover a publicación de libros, aquí está Alvarellos Editora. Nestes momentos é a máis antiga en Santiago e a vicedecana en Galicia despois de Galaxia.

20 años leva á fronte do proxecto Quique Alvarellos, que herdou o amor polos libros e a profesión de editor de seu pai, con quen botou a andar a editorial en 1977 en Lugo. O despacho no que traballa Quique garda a memoria dos preto de 50 anos de andaina: "uns 500 exemplares" salienta cun sorriso. "Temos libros publicados dende antes de ser editorial, porque en 1966 meu pai fundou Reprografía Alvarellos, onde imprimía libros que editaban os seus autores, xa que el entón non tiña aínda o permiso do goberno para editar"

Petamos á porta de Alvarellos para celebrar o 23 de abril, Día Internacional do Libro e o editor aproveita para lembrarnos que esta xornada ten tamén acento galego: tal día coma hoxe en 1833 nacía un dos poetas románticos máis importantes da literatura española, o compostelán Aurelio Aguirre. Precisamente, un dos títulos da Colección Rescate de Alvarellos, Recuerdos de agosto, foi a primeira recompilación da obra completa de Aguirre: "é un emblema do romanticismo moi descoñecido. Nós fomos con este libro ao Museo do Romanticismo, en Madrid, onde Bécquer e Espronceda teñen os seus altares, pero descoñecían completamente a obra de Aurelio Aguirre e quedaron pasmados...pero en Santiago se estaba facendo eso naquel momento!"


Vídeo


UNHAS VINTE PUBLICACIÓNS AO ANO, DO CENTO QUE PETAN Á PORTA

Reciben todas as semanas varios manuscritos, aínda que aquí traballen principamente encargando obras daquelas temáticas nas que ten o seu foco a editorial: ensaio, poesía, libro ilustrado... Publican entre quince e vinte ao año, diante do centenar que reciben de media. "Nós somos ese enlace entre a creación e a lectura, sen esa ponte non pasas dunha beira á outra dese río ou desa canle" E redondea a imaxe: "poñemos os libros a navegar no mar dos lectores".

Porque calquera pode "construir" un libro, explica Quique Alvarellos, pero el reivindica o acompañamento que fai o traballo editorial: "despois ese libro ten que ter unha casa no que estar acompañado, unha empresa que o leve aos sitios e o manteña vivo ao longo dos anos"

Nese acompañamento, o custo económico é moi variable: pode oscilar dende algo máis de mil euros a máis de dez mil, depende do tipo de publicación, ilustracións, cor... Outro dato que pon sobre a mesa o editor: en Galicia publícanse anualmente unhas mil obras en lingua galega, prácticamente a metade que cando el colleu o temón da empresa.

Pero máis que as cifras, Alvarellos gaba a calidade da nosa literatura: "somos un país de grades creadores, o territorio español que máis Premios Nacionais ten na súa literatura... máis de vinte, en activo!" Lembra que Cataluña, co triple de habitantes e una forza editorial "e creativa tremenda, ten a terceira parte ca nós". "Ese poder creativo é sempre positivo, despois, as posibilidades de cada editora e do mercado van peneirando"

Vídeo

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado


CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO CON CUNQUEIRO

Xusto hoxe, 23 de Abril, Alvarellos Editora mandará ao prelo unha reedición dunha Guía do Camiño de Santiago que Álvaro Cunqueiro publicou en 1965. "Eu miro moito, busco moito... e un día atopei este libro. Falei con César Cunqueiro, escritor tamén, que me dixo que o libro non se volveu editar dende aquela, que andará por librarías de vello. Leva unha introducción do propio César Cunqueiro e xusto hoxe estou coas últimas correccións antes de mandalo a imprenta".

Sorrí de novo cando apunto que pouco haberá que corrixirlle a Cunqueiro: "máis ben cousas de tipografía, algunha gralla que poida haber... " Pero engade que ás veces, mesmo a Cunqueiro é preciso facerlle correccións para facilitar a lectura: "un pulido mínimo, para que non haxa tropezóns". Nun mes, máis ou menos, o autor de Merlín e Familia volverá ao andel das novidades nas librarías.

Vídeo


UNHA GUÍA DE SANTIAGO NO ANDEL DOS TESOUROS

Moi preto da mesa de traballo, Quique Alvarellos ten o "cofre" que garda exemplares centenarios, algún herdado de seu pai pero outros, froito do seu labor de buscador de tesouros literarios. Así, amosa un libro de contos editado por "Lar, a primeira editorial moderna que Ánxel Casal e Leandro Carré puxeron en marcha hai cen anos", explica. "Destes libros vendían moitísimo, hoxe nos asombraríamos", e engade que ata o golpe do 36, a editora que logo sería Nós, mantivo vivo o seu catálogo. A carón, obras orixinais "do Padre Sarmiento, do cura de Fruime... unha especie de Larousse da cultura galega do século XVIII". Tamén está entre as obras máis preciadas polo editor unha guía de Santiago do ano 1885: "É unha guía moi famosa de Fernández Sánchez e Freire Barreiro que dá conta de que daquela na rúa do Vilar había catro librarías, por iso esta rúa é históricamente unha rúa de librarías". O volume inclúe moitas curiosidades para o lector do 2024: entre elas, na parte final, a publicidade dos establecementos comerciais que fixeron posible a edición. Das máis chamativas, a dobre páxina do "Bazar de Villar, con artículos que debe comprar todo forastero como RECUERDOS de Santiago, por su mérito excepcional". E engade: "PRECIOS FIJOS".


Entre os tesouros de Alvarellos Editora está unha Guía de Santiago de 1885








Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar