• Viernes, 03 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Unha ruta en tren por Galicia para desfrutar das camelias en flor

Dispoñibles os billetes para percorrer nun mesmo día tres xardíns senlleiros con centos de variedades desta flor de orixe asiática pero que xa é parte da paisaxe invernal galega

Audio

Santiago de Compostela

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:32

A camelia e a súa flor son a día de hoxe unha das imaxes mais representativas de xardíns e parques de boa parte de Galicia durante os meses de inverno, sobre todo nos territorios situados mais preto da costa atlántica. E ofrecen a oportunidade de desfrutar deste arbusto en flor cando a meirande parte do resto de especies vexetais aínda están esperando pola chegada da primavera.

Pero non sempre foi así xa que as camelias chegaron a Galicia a finais do século XVIII procedentes de países afastados como China e Xapón. Nun principio instaláronse nos xardíns dos pazos e casas señoriales da nobrezagalega pero co tempo introducíronse nos xardíns e leiras, tanto públicos como privados, de toda a nosa xeografía, ata converter Galicia nun referente internacional no cultivo e produción desta planta.

De feito, na actualidade a comunidade galega atesoura case 8.000 variedades diferentes de camelia. E centos delas poderemos contemplar no Tren da Camelia en Flor que terá saídas os días 9 e 23 de marzo desde Santiago de Compostela e cuxos billetes xa están dispoñibles para a súa compra.

PARADAS DO TREN EN TRES XARDÍNS XENLLEIROS DE PONTEVEDRA

Coincidindo co período de floración da camelia, na ruta visitaranse tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional.

En primeiro lugar o Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia, no que florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades, a partir da que elaboran o seu propio té que os viaxeiros poderán degustar.

Tamén se visita o Castelo de Soutomaior coñecendo o seu xardín de camelias con nomes de muller: Rosalía de Castro, María Casares ou a Bella Otero.

Finalmente, o percorrido inclúe o Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa que conta con máis de 800 variedades de camelias e unha finca de albariño, viño que se degustará ao rematar a visita.

As datas nas que se realizará esta ruta serán sos sábados 9 e 23 de marzo e o prezo dos billetes e que permitirán o acceso aos xardíns será de 45€ para adultos e 20 euros para nenos de 3 a 13 anos. Os grupos de 10 ou máis adultos obterán un 15% desconto no prezo. Os billetes xa están dispoñibles para a súa compra a través das plataformas habituais, en calquera estación de Renfe, na súa web e en venta telefónica.

CATORCE RUTAS DO TREN TURÍSTICO DE GALICIA

O Tren da Camelia en Flor abre así en marzo a nova edición dos Trens Turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos posta en marcha entre a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde que permite coñecer a Comunidade galega e moitos dos seus recursos máis destacados a bordo do tren.

Proposta que inclúe 14 rutas que, aparte da Camelia, comezarán a circular a partir de xuño e que inclúen itinerarios como a Ruta dos Faros, o Museo MEGA, a Ruta da Lamprea, a Ruta dos Mosteiros, a dos Queixos de Galicia, a das Mariñas ou as dos viños das cinco denominacións de orixe.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Como cada ano, cada unha das rutas poderase realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa ofrece un servizo de guías oficiais de Galicia durante o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas aos puntos de interese.

Se queres saber mais podes visitar https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/trens-turisticos-de-galicia/ruta-da-camelia-en-flor?langId=es_ES


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE