• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Taboada, parroquia de Xián

Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Taboada, parroquia de Xián

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:05

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

O lume de Baleira, parroquia de Cubilledo, permanece activo arestora con máis de 120 hectáreas de superficie afectada

Neste lume de Baleira está activada a Situación 2 como medida preventiva dada a proximidade do lume ao núcleo de Fórneas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello lugués de Taboada, parroquia de Xián.O lume iniciouse ás 13,44 h. desta tarde e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 5 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 3 avións e 3 helicópteros.Permanece tamén activo o lume rexistrado en Baleira, parroquia de Cubilledo, onde se decretou a Situación 2 como medida preventiva dada a proximidade do lume ao núcleo de Fórneas. Este incendio iniciouse ás 17,04 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 120 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 3 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 2 avións e 3 helicópteros. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar