• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Alfonso Villares difunde en Cervo a campaña Amar Galicia que promociona a calidade, sabor e variedade do peixe e mariscos galegos

Alfonso Villares difunde en Cervo a campaña Amar Galicia que promociona a calidade, sabor e variedade do peixe e mariscos galegos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 03:15

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, continúa coa súa axenda de visitas a peixerías espalladas por todo o territorio galego promocionando a campaña AMAR GALICIA e poñendo en valor o importante papel que xogan estes establecementos e os profesionais que os rexentan na promoción da calidade e sabor dos produtos do mar de Galicia. Nesta ocasión o titular de Mar, acompañado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García, detívose nun destes establecementos da localidade onde destacou que son fundamentais, ao manter un contacto directo co cliente final, á hora de explicar e promover as propiedades culinarias e en dar a coñecer a gran variedade de especies de peixe e mariscos galegos así como os beneficios para a saúde que hai detrás do seu consumo. Alfonso Villares resaltou que cando as persoas optan por consumir peixe e marisco das rías galegas está apostando pola calidade, pola súa propia saúde e benestar e por apoiar ás xentes do mar, que coa súa profesionalidade e bo facer amosan o seu amor polo mar, sendo as auténticos artífices de que estes manxares cheguen aos nosos padais.Na visita á peixería Zeltia o responsable autonómico entregou os carteis da campaña AMAR GALICIA que lanza claros mensaxes sobre a confianza na calidade dos produtos do mar, sobre a variedade e o sabor que se ofrece en peixerías e mercados e sobre o fundamental apoio que supón adquirir a produción dos milleiros de familias que viven do mar e as súas industrias na comunidade. Con esta acción de promoción preténdese dignificar aos profesionais do conxunto da cadea mar–industria e defender os mellores alimentos do mundo. Un traballo que complementa e apoia as campañas de difusión destes alimentos desenvolvidas desde o propio sector co obxectivo de promover o seu consumo entre a cidadanía.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar