• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Alfonso Villares pon en valor as iniciativas do sector pesqueiro para promocionar a calidade e as propiedades gastronómicas do peixe e marisco galegos

Alfonso Villares pon en valor as iniciativas do sector pesqueiro para promocionar a calidade e as propiedades gastronómicas do peixe e marisco galegos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:45

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a calidade e as propiedades gastronómicas do peixe e mariscos galegos na xornada de showcooking adicada á ameixa babosa celebrada no salón Curuxeiras da Autoridade Portuaria de Ferrol– San Cibrao. O responsable autonómico, acompañado polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e polo presidente da entidade portuaria Francisco Barea, loou a celebración de este tipo de eventos para difundir e promocionar os alimentos mariños, nesta ocasión, esta especie de bivalvo que é a máis importante para o sector marisqueiro ferrolá, moi cobizado no mercado polo seu extraordinario sabor e calidade. Nesta liña subliñou a importancia de consumir os produtos locais e de proximidade, fundamentais na xeración de emprego e no desenvolvemento económico dos municipios e as súas bisbarras. Esta iniciativa, que realizouse coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Norte, a Consellería do Mar e a confraría de Ferrol, contou coa participación do chef galego Dani (restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol) que foi o encargado dunha mostra de cociña realizando diferentes elaboracións da ameixa babosa da ría ?á mariñeira, ao natural, á tixola,...– á vez que foi explicando as claves das diferentes técnicas de preparación e as calidades do produto. Para completar a experiencia os asistentes tiveron a oportunidade de participar nunha degustación no que os produtos extraídos polos socios da ría de Ferrol foron os claros protagonistas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar