• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por unha xestión de residuos eficiente e responsable

Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por unha xestión de residuos eficiente e responsable

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:50

Salienta o traballo realizado por Sogama, un modelo de referencia en España e Europa, no que atinxe ao incremento da reciclaxe e a diminución do vertido

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reiterou hoxe a aposta da Xunta por unha xestión de residuos eficiente e responsable co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular durante a súa intervención na inauguración das xornadas de formación da Asociación de Empresas de Recuperación e Selección de Envases de Residuos Municipais (ASPLARSEM).Nesa liña, Ángeles Vázquez fixo fincapé en que xa no ano 2019 o Goberno galego aprobou a Estratexia de Economía Circular 2020–2030, que se basea no criterio multierre e que inclúe políticas xerais que involucran a todos os departamentos da Xunta de Galicia. E, a maiores, puxo en valor a aprobación da Lei galega de residuos e economía circular en 2021, “unha normativa moderna que pivota sobre a economía circular e que incorpora os maiores estándares presentes nas directivas europeas sobre esta materia”.Este esforzo normativo vese complementado coa actualización en marcha dos plans de xestión de residuos municipais e de residuos industriais, que sentarán as liñas estratéxicas para acadar os obxectivos esixidos na normativa vixente sobre a prevención na xeración de residuos e a reciclaxe.A maiores, a conselleira salientou o traballo realizado por Sogama, un modelo de referencia en España e Europa, no que atinxe ao incremento da reciclaxe e a diminución do vertido co obxectivo de pechar o aproveitamento dos materiais.De feito, os participantes nesta xornada formativa terán a oportunidade de visitar as instalacións do complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, onde poderán coñecer o proceso de clasificación de envases lixeiros recollidos a través da bolsa amarela.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar