• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Arrinca unha fin de semana de cine en familia na Cidade da Cultura coa sétima edición de Pequefilmes

Arrinca unha fin de semana de cine en familia na Cidade da Cultura coa sétima edición de Pequefilmes

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:35

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á sesión inaugural do festival, que proxecta 65 curtametraxes de animación de 20 países entre o sábado e o domingo

Organízase en dúas salas: Vagalumes, de 0 a 3 anos; e Vacalouras, a partir de 4 anos

A cita organizada pola Xunta mantén o seu formato híbrido, con sesións en pantalla grande na Cidade da Cultura e en liña, a través da plataforma Festhome

Coas entradas esgotadas para as primeiras sesións, comezou hoxe sábado Pequefilmes, o festival internacional de curtametraxes infantís organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu a benvida a esta sétima edición, que programa un total de 65 filmes procedentes de vinte países pensados para públicos de todas as idades.O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades incidiu na relevancia do festival como cita consolidada dentro da programación familiar do Gaiás. Cada ano, Pequefilmes aposta por ofrecer, en pantalla grande, unha selección do mellor cinema para audiencias novas que se fai no mundo, cultivando entre as nenas e nenos o gusto polo cinema e a súa ollada crítica como espectadores.O festival decorre o sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro, con sesións nas mañás e tardes de ambos días. As proxeccións distribúense en dúas salas por idades: Vagalumes, para as pequenas e pequenos de 0 a 3 anos de idade, e Vacalouras, para maiores de 4 anos. Ademais, haberá obradoiros para aprender en familia os fundamentos das técnicas de animación foto a foto vinculadas ás orixes do cinema. Para quen non consiga facerse cunha entrada ?á venda en Ataquilla e na Cidade da Cultura desde 3 euros por sesión? ou non teña posibilidade de achegarse ao Gaiás nesta fin de semana, Pequefilmes ofrece a posibilidade de gozar da programación en liña, a través da plataforma de streaming Festhome.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE