• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

As asociacións de entidades da economía social poden solicitar as axudas para o seu funcionamento ata o próximo 23 de febreiro

As asociacións de entidades da economía social poden solicitar as axudas para o seu funcionamento ata o próximo 23 de febreiro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10:40

A Xunta de Galicia destina 330.000 euros este ano para dar cobertura aos gastos das entidades asociativas que representan ás cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a reforzar o seu impulso á economía social cun orzamento que crece este ano o 20,8%, ata os 42 millóns de euros

A Xunta segue a impulsar o modelo da economía social en Galicia e destinará este 2023 un total de 330.000 euros a apoiar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas que conforman esta fórmula. O propósito desta iniciativa, publicada no Diario Oficial de Galicia, é facer efectivo o traballo das organizacións representativas destas entidades e dar continuidade ao seu labor. O programa de axudas está estruturado en dúas liñas de financiamento. A primeira, con 230.000 euros de orzamento, vai dirixida ao fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, apoiándose parcialmente (ata o 90%) os seus gastos de funcionamento. A segunda, con 100.00 euros, está destinada ás asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, apoiándose parcialmente (ata o 90%) os custos que teñen que asumir. Con estas liñas, a Xunta de Galicia contribúe a consolidar e reforzar o funcionamento das entidades representativas do sector da economía social, coa aposta polo fomento da súa participación aos distintos niveis económicos e sociais e para visibilizar e promover a economía social como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio.As solicitudes pódense presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia ata o próximo 23 de febreiro. Entre outros requisitos, as entidades interesadas deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes, estar ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, e non ter pendentes pagamentos coa Administración autonómica. En 2023, a economía social seguirá a ser un dos principais eixos de acción da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. O orzamento destinado á mesma experimentou un incremento do 20,82% respecto de 2022, e se sitúa por enriba dos 42 millóns de euros. Entre os diversos programas que se porán en marcha neste exercicio destacan as iniciativas Es–Factory, de aceleradoras de emprendemento; Es–Transforma, para recuperar negocios sen remuda xeracional a través da súa transformación en entidades de economía social; ou Es–Próxima, para profundar no selo de identidade da economía social.A economía social está integrada por 14.000 persoas que traballan por conta allea en cooperativas, sociedades de inserción, centros especiais de emprego e empresas de inserción na comunidade e que operan nun segmento da economía que aposta pola cooperación, solidariedade, diversidade e igualdade.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar