• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fabiola García sinala que máis de 200 persoas con ELA recibiron as axudas de ata 12.000 ? durante o seu primeiro ano de implantación

Fabiola García sinala que máis de 200 persoas con ELA recibiron as axudas de ata 12.000 € durante o seu primeiro ano de implantación

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:20

O Goberno galego puxo á disposición de todas as persoas diagnosticadas con esta enfermidade axudas directas e inmediatas para a compra de produtos de primeira necesidade para o coidado ou reformas para a adaptación de vivendas

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou que máis de 200 persoas diagnosticadas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) recibiron as axudas de ata 12.000 euros durante o seu primeiro ano de implantación. Así o manifestou no pleno do Parlamento de Galicia en resposta a unha pregunta oral sobre o impacto desta medida que, apuntou, se manterá nos orzamentos do próximo ano. Fabiola García lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade en impulsar esta medida pioneira, que permite atender de xeito directo e inmediato ás necesidades destas persoas nun momento tan difícil e complicado das súas vidas. A través destas axudas, ás que se destinou un orzamento de 3,2 millóns de euros, axúdaselle a esas persoas na compra de produtos básicos para o coidado, produtos sanitarios como cadeiras de rodas ou na adaptación dos seus fogares. Así mesmo, recordou que durante os últimos anos o Goberno galego vén apostando por darlles todas as facilidades a estes pacientes a través de vías clínicas da ELA en cada centro hospitalario, que permiten axilizar o diagnóstico e a atención; a través de vías preferentes para tramitar as solicitudes de atención á dependencia en menos dun mes e acceder a servizos no menor tempo posible; e tamén a través destas axudas para o 100 % das persoas que reciben este diagnóstico. A conselleira lamentou que o Goberno central manteña bloqueada e vetada a Lei estatal de atención ás persoas con ELA no Congreso. Sinalou que é obriga das Administracións públicas darlle prioridade a aquelas medidas destinadas á atención ás persoas máis vulnerables e que contan co apoio unánime da sociedade como é o caso desta normativa. Neste sentido, lembrou que esta ausencia de responsabilidade por parte do Goberno central coincide co incumprimento reiterado da Lei de Dependencia que lles obriga a cofinanciar ao 50 % o gasto na atención ás persoas maiores e con discapacidade. Galicia deixa de ingresar cada ano 150 millóns de euros polo incumprimento desta Lei.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar