• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Feira do libro chega a Vilalba con cinco librarías e preto de medio cento de autores ata o domingo

A Feira do libro chega a Vilalba con cinco librarías e preto de medio cento de autores ata o domingo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:32

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración da quinta cita da Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta

Durante toda a fin de semana están previstas 20 sinaturas de exemplares, cinco presentacións de novidades e numerosas iniciativas lúdicas para todos os públicos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Vilalba, quinta parada do circuíto que este ano chegará a 14 localidades galegas froito da colaboración da Federación de Librarías de Galicia e a Xunta de Galicia. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou a importancia desta cita “para seguir promovendo a lectura nos distintos concellos galegos, contribuír a impulsar o labor dos libreiros e divulgar o bo momento de creación literaria que vive Galicia”. Alí animou a participar durante toda esta fin de semana nas actividades previstas.A Feira do Libro de Vilalba, que abre hoxe co pregón da vilalbesa Miriam Fernández Otero na praza da Constitución, reunirá ata o domingo case 40 autores, con actividades como sinaturas de libros, presentacións ou obradoiros. En concreto, están previstas 20 sinaturas, 10 actividades, das que catro serán para o público máis novo con obras de teatro e contacontos. Consta de sete expositores coa presenza de dúas casetas institucionais e cinco librarías (Pergamino, Andel, Cortizas, Pedreira, Carlin Vilalba).A feira chega a esta localidade lucense tras o seu paso pola cidade de Lugo. O calendario continuará ata agosto de xeito que, tras Vilalba, a vindeira cita será en Ourense (do 7 ao 10 de xuño), Redondela (do 15 ao 18 de xuño), Vigo (do 23 ao 29 de xuño), Ponteareas (do 13 ao 16 de xullo) e Rianxo (do 22 ao 25 de xullo). Xa en agosto o circuíto continuará na Coruña (do 1 ao 10), e volverá á provincia de Lugo, en concreto, a Viveiro (do 12 ao 15), Foz (do 17 ao 20) e Monforte de Lemos (do 23 ao 26).


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE