• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O festival peregrinos musicais arranca a próxima semana en Santiago co apoio da Xunta e o impulso dunha decena de novos talentos da música clásica

O festival peregrinos musicais arranca a próxima semana en Santiago co apoio da Xunta e o impulso dunha decena de novos talentos da música clásica

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:35

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a nova edición do certame que por primeira vez contará con todos os seus concertos de balde

Ata o 29 de xullo haberá recitais en lugares como a igrexa de San Francisco, o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia ou a praza de Mazarelos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a XII edición do festival Peregrinos Musicais, que se celebrará do 12 ao 31 de xullo co apoio da Xunta para contribuír á divulgación do traballo de novos intérpretes de música clásica que destacan polo seu alto nivel de preparación.O representante da Consellería de Cultura puxo en valor a busca de elementos novos en cada edición que permitan seguir ensinando ao gran público o “enorme talento dos máis novos” a través dun estival que permite “dialogar e convivir” entre eles durante varios días “cunha experiencia musical e profesional moi enriquecedora”. Anxo M. Lorenzo salientou o apoio da Xunta a iniciativas como esta “ao conseguir reforzar as carreiras profesionais de novos talentos e tamén encher a programación cultural do verán con propostas que permitan achegar a música clásica ao gran público”.Como novidade, a edición deste ano contará coas súas representacións gratuítas e contarase con músicos de países como Portugal, Países Baixos, Turquía, Alemaña e España. A organización recadará donativos na entrada dos eventos musicais para entregar de forma íntegra á Cruz Vermella. As actuacións terán lugar en dúas fases diferenciadas. A primeira será como a parte final do concurso Peregrinos Musicais. Os seis músicos finalistas actuarán no Teatro Principal, o 12 de xullo ás 20,00 horas; na igrexa de San Francisco, o 13 de xullo ás 21,00 horas, e finalizarán o concurso o 14 de xullo no Auditorio de Galicia, ás 20,30 horas. Ademais de obter unha das prazas finalistas, os gañadores optarán a un premio económico de 1.000 euros que será resolto coa votación do público, que valorará a participación dos solistas nos tres concertos programados para a final. Os seis músicos que participarán son Álvaro Lozano (cello) de Málaga, Álvaro Toscano (guitarra) de Córdoba, Mireia Coma (violín) de Vitoria, Pol Cabrera (saxo) de Barcelona, Ilgin Top (violín) de Turquía e María Lejuan (oboe) de Ferrol. Os programa prolongarase coas festas do Apóstolo e terá seis datas repartidas entre os días 22 a 24 de xullo e do 29 ao 31 de xullo. Estes concertos serán todos na praza de Mazarelos ás 20,00 horas. Toda a información pode consultarse en www.peregrinosmusicales.com Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE