• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia analiza no Comité Europeo das Rexións os acordos derivados do Brexit e o seu impacto na poboación europea

Galicia analiza no Comité Europeo das Rexións os acordos derivados do Brexit e o seu impacto na poboación europea

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:05

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa no grupo de contacto do Comité Europeo das Rexións e o Reino Unido

Bruxelas, 29 de marzo de 2022O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no encontro do grupo de contacto entre o Comité Europeo das Rexións (CdR) e o Reino Unido, creado para manter o diálogo rexional entre a Unión Europea e o país británico tras o Brexit. Esta reunión foi a primeira do grupo dende que a Comisión Europea e o goberno de Rishi Sunak asinaron o pacto de Windsor, un acordo político sobre o protocolo de Irlanda do Norte.Neste mes de marzo, o Parlamento Europeo aprobou unha resolución sobre o Informe de execución sobre o Acordo de retirada do Reino Unido da UE. O documento destaca o incumprimento parcial dos dereitos sociais dos cidadáns europeos en territorio británico, principalmente en materia administrativa.Sobre o Protocolo de Irlanda do Norte, lamenta a falta de cooperación co persoal comunitario na fronteira irlandesa, a única terrestre que ten o Reino Unido e a falta de investimento en Irlanda. Tamén se advirte da necesidade de seguir a negociar un acordo no relativo a Xibraltar, tras comezar o pasado outubro a novena rolda de negociacións. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destacou a necesidade de manter o contacto entre a UE e os británicos, malia a súa saída da UE. “Seguimos a ter cuestións comúns en todos os eidos. A nivel local e rexional, estes encontros permítennos concretar mellor este escenario postBrexit”, engadiu. Antes do encontro, Gamallo participou no acto conmemorativo do Parlamento Europeo polo 25º aniversario dos Acordos do Venres Santo, que puxeron fin á loita armada na illa de Irlanda.A Asemblea Rexional e Local da Unión Europea puxo en marcha en 2020 un grupo de contacto coas autoridades locais e rexionais de Reino Unido para asegurar que o diálogo político continuase a este nivel tras o Brexit. Liderado polo presidente da rexión francesa de Bretaña, o grupo está composto por 12 membros do CdR e por representantes das asociacións de municipios en Reino Unido e dos gobernos e asembleas parlamentarias de Escocia, Gales e Irlanda do Norte, así como do Concello de Londres e o Goberno de Xibraltar.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar