• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia e Castela e León exixen ao Goberno de España información sobre a afección do contrato fallido de Renfe á renovación dos seus trens de ancho métrico

Galicia e Castela e León exixen ao Goberno de España información sobre a afección do contrato fallido de Renfe á renovación dos seus trens de ancho métrico

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:55

Ambos os gobernos autonómicos dirixíronse á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para solicitar información sobre o estado de execución do contrato e os prazos de entrega previstos


Requiren participar en todas aquelas reunións que se convoquen desde o Ministerio para informar sobre este asunto, xunto co resto de Comunidades Autónomas que contan con este servizo


A Xunta lembra que Renfe comprometeu en 2018 un plan de actuación para mellorar a calidade do servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo, onde o material rodante é causante da maioría das incidencias e precisa ser modernizado

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023 A Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León exixen ao Goberno de España que lles proporcione información sobre a afección que o contrato fallido de Renfe terá sobre a renovación da frota de trens de ancho métrico que operan en ambas as dúas comunidades.A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez Mourelle, e a conselleira de Mobilidade e Transformación Dixital de Castela e León, María González Corral, dirixíronse hoxe á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, para trasladarlle a súa preocupación ante a gravidade das novas relacionadas co retraso que suporá o erro do Ministerio na licitación para o subministro de trens de ancho métrico e alpinos. As representantes dos Gobernos autonómicos requiren, nas súas respectivas cartas, que se lles informe cumpridamente sobre o estado de execución dese contrato, especialmente no relativo a prazos de entrega dos trens fallidos e pagos efectuados con cargo a fondos públicos, e que lles sexa accesible todo o expediente de contratación tramitado e adxudicado polo Consello de Administración de Renfe. Ademais, ante a falta de información e remitíndose ao anuncio do 29 de xuño de 2020, no que se comunicaba que Renfe adxudicaba a CAF a compra de 31 trens de ancho métrico e 6 alpinos por 258 millóns de euros, en cuxo texto se detallaba que se adquirían 26 trens eléctricos e 5 híbridos (que poderían utilizarse en Galicia e Castela e León) e que mesmo se podería chegar a adquirir outro más, reiteran que se lles informe, á maior brevidade posible, sobre o destino previsto para os trens obxecto do contrato e, en concreto, do número de unidades que se previa destinar a Galicia e Castela e León.Como se pode comprobar, na información recollíase expresamente que a frota de ‘ancho métrico’, daría servizo en Asturias, Cantabria, País Vasco, Galicia, Castela e León e Murcia. Por iso, piden que se inclúa expresamente a renovación dos trens que circulan polos seus respectivos territorios, para que todos os viaxeiros usuarios destes servizos ferroviarios no norte do país poidan facelo nas mesmas condicións. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lembra que Renfe comprometeu en 2018 un plan de actuación para mellorar a calidade do servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo, onde o material rodante é causante da maioría das incidencias e precisa ser modernizado.Do mesmo xeito, as dúas conselleiras constatan o seu interese en participar en todas aquelas reunións que se convoquen desde o Ministerio para informar sobre este tema xunto co resto de Comunidades Autónomas que contan con este servizo.Por outra banda, tanto Ethel Vázquez como María González Corral exixen que o Ministerio aclare cando tivo coñecemento desta situación e que medias adoptou desde entón, así como as que vai tomar a partir de agora.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar