• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Galicia practica interrupcións voluntarias do embarazo en centros públicos nas sete áreas sanitarias

Galicia practica interrupcións voluntarias do embarazo en centros públicos nas sete áreas sanitarias

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:55

O conselleiro de Sanidade explicou no Parlamento que, dos abortos solicitados en 2022 no Servizo Galego de Saúde, máis do 60% se realizaron nos centros do sistema público


García Comesaña avanzou que as reformas previstas na lexislación estatal non engaden ningunha prestación nova ás que xa leva ofertando a sanidade pública galega desde hai moitos anos

O titular da sanidade galega responde a unha interpelación da oposición no Parlamento que o Servizo Galego de Saúde “cobre no seu territorio incluso as intervencións máis complexas que noutras comunidades se derivan fora”

“Galicia conta cos medios para ofrecer esta prestación no seu sistema público en todas as áreas sanitarias, en todas as semanas de xestación e modalidades autorizadas por lei”, explica

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023 A sanidade pública galega garante o cumprimento da lexislación vixente en materia de saúde sexual e reprodutiva e practica interrupcións voluntarias do embarazo en centros públicos nas sete áreas sanitarias. Así o explicou hoxe no Parlamento de Galicia o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en resposta a unha interpelación da oposición, engadindo que, dos abortos solicitados en 2022 no Servizo Galego de Saúde, máis do 60% se realizaron en centros do sistema público.O conselleiro de Sanidade avanzou tamén na súa intervención que as reformas previstas na lexislación estatal non engaden ningunha prestación nova ás que xa leva ofertando a sanidade pública galega desde hai moitos anos. “A reforma prevista da Lei 2/2010 de salud sexual y reproductiva non implica introducir cambios na xestión da interrupción voluntaria do embarazo na sanidade galega”, remarcou o conselleiro, ao tempo que salientou que a “única acción que a nova Lei nos esixiría sería a creación dun Rexistro de Profesionais Obxectores de Conciencia”, un asunto sobre o que Galicia alegou xa que, segundo a experiencia da Xunta, “éste non sería necesario para garantir a prestación porque o Sergas é capaz de realizar interrupcións nas sete áreas”. En todo caso, García Comesaña insistiu en que a posición do Goberno galego, “sexa cal sexa a opinión sobre a Lei e calquera modificación que se poida producir nela, é cumprila”.O conselleiro de Sanidade ofreceu datos dos servizos de xinecoloxía das áreas sanitarias galegas, nos que consta que en 2022, da totalidade de interrupcións voluntarias do embarazo que se solicitaron, máis do 60% se practicaron en centros públicos, e menos dun 40% foron derivados aos dous centros privados con autorización autonómica que existen en Galicia, sendo o custo asumido polo sistema público. Ademais, o titular da sanidade galega remarcou que os centros de orientación familiar e os centros hospitalarios do sistema público “permiten a realización de abortos farmacolóxicos nas sete áreas sanitarias por debaixo das 9 semanas de xestación”. Entre as 9 e 14 semanas, “os centros hospitalarios de todas as áreas sanitarias realizan interrupcións voluntarias do embarazo polo procedemento instrumental”, mentres que “entre as 15 e 22 semanas, un período o que a lexislación vixente xa só permite o aborto por causas médicas, os hospitais de cabeceira das sete áreas e tamén algún hospital comarcal realizan estas intervencións, ben sexa por procedemento farmacolóxico ou instrumental”, explicou. Por último, nas interrupcións de embarazos superiores ás 22 semanas, que a Lei só contempla por causas e saúde do feto, “Galicia tamén garante a atención no sistema público”, remarcou.Julio García Comesaña engadiu tamén na súa intervención que “hai xa seis anos que Galicia garante dentro do seu sistema público mesmo as interrupcións do embarazo que noutras comunidades autónomas se derivan sistemáticamente fora do territorio”. Por outra banda, o conselleiro de Sanidade referiuse tamén as alegacións que, no eido sanitario, fixo o Goberno galego á reforma da Lei en trámite. “Por unha banda non consideramos razoable nin ben regulado o cambio respecto á non necesidade de consentimento dos titulares da patria potestade no caso de menores de idade xa que pode xerarse unha situación de desprotección dunha menor cuxa interrupción do embarazo se complique e necesite con rapidez esa autorización para realizar intervencións necesarias para preservar a súa saúde”. A Xunta considera pouco apropiado eliminar o período de reflexión sobre esta intervención “xa que a propia Lei establece a obriga de proporcionar un volume moi importante de información á muller, tanto sobre os distintos métodos como sobre as condicións e os centros dispoñibles”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar