• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

A obra de Antón Lamazares, ata o 5 de maio no CGAC de Santiago

Lamazares. Inda é día pódese visitar no Centro Galego de Arte Contemporánea

A exposición de Lamazares está composta por máis de 200 obras do pintor

A exposición de Lamazares está composta por máis de 200 obras do pintor

Santiago de Compostela

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 08:17

Podemos visitar xa no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC) Inda é día (1973-2023) unha exposición que percorre a traxectoria artística do pintor Antonio Lamazares.



“Lamazares non encaixa en ningunha categoría porque é un autor único e icónico que conta cunha traxectoria definida por alonxarse das obras cómodas e apoiarse na singularidade”, destaca Román Rodríguez, o conselleiro de Cultura en funcións, quen se referiu ao artista como “un peregrino da arte con espírito nómada e aventureiro que é un referente para os novísimos creadores galegos”.

“Galicia tiña unha débeda pendente coa inxente produción dun dos maiores xenios creativos do século XX e XXI e por iso inauguramos esta mostra que constitúe unha das máis completas homenaxes o seu legado artístico”, engadiu Román Rodríguez. Neste senso, explicou que a exposición dispoñible desde hoxe no CGAC ofrece “a máis ampla visión” da traxectoria artística e a linguaxe pictórica do pintor lalinense e que é o resultado “dunha laboriosa investigación sobre a viaxe persoal e artística de Lamazares co fin de exhibir a súa sabedoría e fondura intelectual nas distintas etapas”.



Comisariada por Antonio Gonçalves, Lamazares. Inda é día (1973-2023) está composta por arredor de 230 obras seleccionadas de traballos desenvolvidos ao longo de 50 anos. O resultado, tal e como precisou o conselleiro en funcións, permite “mergullarse en medio século de dedicación, investigación e traballo” para achegarnos a unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico de Galicia e de España e examinar as diferentes transformacións que experimentou a súa técnica e a súa estética ao longo da súa traxectoria.

Para terminar, Román Rodríguez fixo un chamamento para convidar á cidadanía a que ata o 5 de maio acudan ao museo da capital galega para redescubrir o universo creativo deste autor “inclasificable e no que só existe unha constante: Galicia evocada como obxecto de inspiración”.



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar