• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

24 organizacións europeas traballarán na busca de solucións innovadoras para previr, vixiar e reducir o lixo mariño a través do proxecto 'Free Litterat'

24 organizacións europeas traballarán na busca de solucións innovadoras para previr, vixiar e reducir o lixo mariño a través do proxecto ‘Free Litterat’

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:40

O proxecto Free LitterAT traballará durante tres anos en favor de comunidades costeiras libres de residuos

Esta acción, que incidirá especialmente nas artes de pesca perdidas ou abandonadas e nos microplásticos, está financiada pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico

O consorcio, liderado por CETMAR, está formado por organizacións de España, Francia, Portugal e Irlanda e conta coa participación do Intecmar, o Instituto Español de Oceanografía e da Universidade de Santiago, entre outros

O Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar coordina un novo proxecto europeo que abordará a problemática do lixo mariño a través dunha aproximación holística e mediante enfoques innovadores co obxectivo de previr, vixiar e reducir estes residuos no litoral atlántico.Un total de 24 organizacións de España, Francia, Portugal e Irlanda conforman o consorcio de Free LitterAT, 14 delas como socios con financiación procedente do Programa de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico da Unión Europea e outras 10 como entidades asociadas.Cun presuposto que supera os 3,6 millóns de euros e coordinados polo Cetmar, todos eles traballarán os vindeiros tres anos para conseguir comunidades costeiras libres de lixo mariño, con especial énfase nos aparellos de pesca perdidos ou abandonados e nos microplásticos. O proxecto, que dará continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos a través do proxecto europeo CleanAtlantic, centrarase fundamentalmente na prevención do lixo mariño, na vixilancia do mesmo e na súa redución e eliminación, e os seus resultados testaranse mediante accións piloto e actividades de sensibilización.Baseándose en principios de economía circular, Free LitterAT pretende previr o lixo mariño mellorando a xestión e o reciclaxe dos residuos da actividade pesqueira e portuaria, facilitando a aplicación das directivas de plásticos dun solo uso e de instalacións portuarias de recepción de residuos.Outra vertente do proxecto permitirá comprender a orixe, o transporte e o destino final do lixo mariño, mellorando para elo as ferramentas de vixilancia e modelización, así como a identificación das principais fontes, vías de entrada e zonas de acumulación de residuos. Paralelamente traballarase na redución e eliminación dos residuos mariños a través da detección e retirada das artes de pesca perdidas ou abandonadas, a xestión do lixo pescado incidentalmente, a limpeza de praias en eventos de chegada masiva de macro e micro plásticos á costa e a remoción destes últimos nas estacións de tratamento de augas residuais.Finalmente, desenvolveranse accións piloto que permitirán testar os resultados do proxecto, así como actividades de sensibilización a desenvolver en diferentes comunidades costeiras dos países implicados.O traballo do consorcio Free LitterAT, do que forman parte, ademais do Cetmar, outras entidades galegas como o Instituto tecnolóxico para o Control do Medio Mariño–Intecmar, a Universidade de Santiago e Instituto Español de Oceanografía, terá como resultado novas guías, ferramentas e procedementos para mellorar a xestión e a reciclaxe dos residuos da actividade pesqueira e portuaria, así como novas ferramentas e protocolos avanzados de apoio á vixilancia e a predición do lixo mariño.Todos estes resultados, como os procedementos, manuais e formación para a limpeza de praias e costas; os mapas de fontes e zonas de acumulación de lixo; os procedementos para detectar, cartografar e retirar os aparellos fantasma ou os plans de acción para previr e reducir as redes perdidas ou abandonadas e os microplásticos serán testados mediante accións piloto e transferidos ás autoridades competentes e aos usuarios finais.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar