• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docentes coa innovación "son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas"

Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docentes coa innovación “son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas”

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:55

O conselleiro de Educación preside o acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións

O obxectivo da iniciativa é poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou esta mañá o compromiso tanto do alumnado coma do profesorado coa innovación educativa nas aulas, en liña coas accións estratéxicas do Goberno galego neste eido no sistema de ensino no seu conxunto. Así o sinalou con motivo do acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións deste certame que naceu en 2020 impulsado pola Consellería de Educación co obxectivo de poñer en valor e recoñecer as boas prácticas dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos novidosos.“As iniciativas que desenvolven estes centros día a día –sinalou– son o mellor exemplo de que a través de ferramentas innovadoras, vencelladas ás novas tecnoloxías ou á aprendizaxe competencial, podemos potenciar valores esenciais como a inclusión, a igualdade, a creatividade, a resolución de problemas ou a vinculación coa contorna”. O conselleiro aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso do seu departamento con situar o sistema educativo galego nun dos eixes do cambio tecnolóxico actual. A este obxectivo responde a Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta das accións coordinadas para a transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das competencias necesarias na sociedade actual. Neste marco, Román Rodríguez referiuse a accións específicas como a dotación de Polos Creativos, que chegan a máis de 200 centros de ensino, o impulso do STEMBach cun itinerario específico enfocado ao fomento das vocacións científico–tecnolóxicas ou os Contratos–Programa CP Innova para que os centros poidan implantar e impulsar accións de innovación.
Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA CURSO 2022–23 Categoría A (Infantil, Primaria, Educación Especial e centros ruraisCategoría B (Centros públicos integrados, institutos e centros públicos de Educación e Promoción de Adultos)Centro de Educación e Promoción de adultos do centro penitenciario da LamaCURSO 2021–22CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso)CURSO 2020–21IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis()


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Reproducir
Directo Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Escuchar