• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez loa o papel do Ano Laxeiro por levar o nome de Lalín a prestixiosas institucións culturais de Madrid e París

Román Rodríguez loa o papel do Ano Laxeiro por levar o nome de Lalín a prestixiosas institucións culturais de Madrid e París

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 03:05

O titular de Cultura da Xunta salienta a ampla programación desenvolvida este ano e a alta carga simbólica e sentimental que supón a mostra na vila natal do autor

“É unha proposta diferente na que veremos ao artista en acción e estou seguro de que moitos veciños atoparemos nela parte importante da historia da nosa vila”, indica

Comisariada por Xurxo Lobato, a nova exposición permite ver o proceso creativo do artista en directo e outras pezas de gran interese documental

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Lalín (Pontevedra), 3 de decembro de 2022 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Lalín na inauguración da exposición Acción Laxeiro, organizada pola Real Academia de Belas Artes en colaboración coa Xunta e o Concello de Lalín, representado neste acto polo seu alcalde, José Crespo. Está incluída nos actos de celebración do Día das Artes Galegas. O titular de Cultura da Xunta salientou a importancia de todas as actividades realizadas ao abeiro da programación especial polo Ano Laxeiro ao conseguir divulgar o “excelente traballo de Laxeiro” e contribuír a “levar o nome de Lalín, como berce dalgúns dos persoeiros máis importantes da historia da cultura galega a prestixiosas institucións como a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e o Instituto Cervantes de París”. Formaron parte da programación simposios, iniciativas divulgativas e exposicións itinerantes como a inaugurada hoxe en Lalín que, expresou Román Rodríguez, ten unha elevada carga simbólica e sentimental ao poder expoñerse na vila natal do autor.Neste sentido, afirmou que Acción Laxeiro é unha mostra diferente ao permitir “velo en directo”, xa que parte da retrospectiva inclúe a elaboración en vivo dunha das súas obras nun acto público en Santiago de Compostela a finais dos anos 90. Compleméntase con outras de gran interese documental como fotografías de Laxeiro en pleno desenvolvemento do seu proceso creativo, así como retratos elaborados polo pintor lalinense doutros persoeiros da cultura do seu tempo, como Uxío Novoneyra ou Jorge Castillo, entre outros.Román Rodríguez agradeceu a Xurxo Lobato, comisario da mostra, o seu traballo por poder plasmar o traballo dun artista que foi “unha combinación constante entre renovación e paixón pola cultura popular galega e un home que nunca se esqueceu de ser galego”. O conselleiro de Cultura animou a visitar a mostra, que poderá verse no Museo Ramón María Aller ata o vindeiro 13 de xaneiro. “Abraiará a todos os veciños de Lalín que atoparán na exposición unha parte importante da súa propia historia”, declarou.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar