• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Román Rodríguez refírese a Lamazares como un autor "único e icónico" que constitúe unha referencia para os novos creadores

Román Rodríguez refírese a Lamazares como un autor “único e icónico” que constitúe unha referencia para os novos creadores

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:30

A mostra, que se poderá visitar ata o mes de maio, ofrece unha ampla visión da traxectoria artística do pintor ao longo de 50 anos e a súa linguaxe pictórica

“Esta exposición é o resultado dunha laboriosa investigación sobre a viaxe persoal e artística de Lamazares co fin de realizar unha das máis completas homenaxes ao seu legado”, afirma o responsable autonómico de Cultura en funcións

Comisariada por Antonio Gonçalves, está composta por arredor de 230 obras dunha selección de traballos desenvolvidos en varios países

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, inaugurou hoxe a mostra Lamazares. Inda é día (1973–2023) coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea rende homenaxe a traxectoria artística do pintor Antonio Lamazares, un autor cun selo incomparable que destaca pola súa orixinalidade, innovación e investigación. “Lamazares non encaixa en ningunha categoría porque é un autor único e icónico que conta cunha traxectoria definida por alonxarse das obras cómodas e apoiarse na singularidade”, destacou o responsable autonómico de Cultura en funcións, quen se referiu ao artista como “un peregrino da arte con espírito nómada e aventureiro que é un referente para os novísimos creadores galegos”. “Galicia tiña unha débeda pendente coa inxente produción dun dos maiores xenios creativos do século XX e XXI e por iso inauguramos esta mostra que constitúe unha das máis completas homenaxes o seu legado artístico”, engadiu Román Rodríguez. Neste senso, explicou que a exposición dispoñible desde hoxe no CGAC ofrece “a máis ampla visión” da traxectoria artística e a linguaxe pictórica do pintor lalinense e que é o resultado “dunha laboriosa investigación sobre a viaxe persoal e artística de Lamazares co fin de exhibir a súa sabedoría e fondura intelectual nas distintas etapas”. Comisariada por Antonio Gonçalves, Lamazares. Inda é día (1973–2023) está composta por arredor de 230 obras seleccionadas de traballos desenvolvidos ao longo de 50 anos. O resultado, tal e como precisou o conselleiro en funcións, permite “mergullarse en medio século de dedicación, investigación e traballo” para achegarnos a unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico de Galicia e de España e examinar as diferentes transformacións que experimentou a súa técnica e a súa estética ao longo da súa traxectoria. Para terminar, Román Rodríguez fixo un chamamento para convidar á cidadanía a que ata o 5 de maio acudan ao museo da capital galega para redescubrir o universo creativo deste autor “inclasificable e no que só existe unha constante: Galicia evocada como obxecto de inspiración”.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar