COPE

Xunta de Galicia

Rueda destaca o compromiso da Xunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas ao destinar máis de 6 M? ata 2023 para a conservación deste espazo natural

Rueda destaca o compromiso da Xunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas ao destinar máis de 6 M€ ata 2023 para a conservación deste espazo natural

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 22:35

Subliña que o programa de actuacións recolle a conservación e mellora da biodiversidade, a recuperación da vexetación autóctona, medidas para a eficiencia enerxética ou a renovación de infraestruturas e servizos

Pon en valor as actividades de protección do medio ambiente que levan a cabo os mozos e mozas que participan nos campamentos de verán

Salienta que a xestión turística das illas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora é un exemplo de sostibilidade: “Volver dentro de 20 anos e atopar a mesma paisaxe será a mellor proba de que o fixemos ben”, dixo o presidente da Xunta

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou hoxe o firme compromiso da Xunta co Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ao destinar máis de 6 millóns de euros ata o ano 2023 para contribuír a conservar este espazo natural.Nunha visita á illa de Ons, para conmemorar o 20 aniversario do recoñecemento do conxunto destas illas como Parque Nacional, Alfonso Rueda puxo a súa xestión como exemplo de sostibilidade grazas ao traballo que nas dúas últimas décadas se levou a cabo a través do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX). “As Illas Atlánticas son un exemplo do modelo turístico que queremos impulsar desde a Xunta –indicou–. Un destino privilexiado do que Galicia pode presumir e que hai que coidar entre todos”.Ademais, Alfonso Rueda visitou a primeira quenda do campamento Illa marabilla, que se está a celebrar no lugar ao abeiro da campaña de verán promovida polo Goberno galego. Mozos e mozas de 9 a 13 anos desfrutan da natureza con actividades de lecer como kaiak, snorkel ou orientación mentres realizan outras accións para apoiar a conservación e coidado da flora e da fauna. Estas achegas dos máis novos tamén son, como dixo o presidente da Xunta, “unha peza clave na conservación do patrimonio natural galego”. Con ese obxectivo, o titular do Goberno galego indicou que a inversión de 6 millóns de euros entre este ano e o seguinte permitirán levar a cabo unha serie de actuacións nas Illas Atlánticas como a conservación e mellora da biodiversidade, a recuperación da vexetación autóctona, medidas para a eficiencia enerxética ou a renovación das infraestruturas e servizos. No caso da illa de Ons, ademais, vaise reformar e actualizar todo o sistema de depuración de augas residuais e a rede de abastecemento de auga potable, obras que, segundo avanzou Rueda, van comezar no mes de setembro cun orzamento de 800.000 euros.Tamén a mediados de setembro, unha vez finalizada a temporada alta turística, vanse retomar os traballos arqueolóxicos na illa de Ons. “As Illas Atlánticas non son só turismo, son tamén historia e patrimonio cultural –indicou o presidente da Xunta–. Grazas a unha investigación realizada no ano 2021 sabemos que a terra que hoxe pisamos xa estaba habitada hai máis de 20 séculos”. A recuperación das escavacións permitirá afondar no coñecemento dos antigos asentamentos humanos que había na única illa do parque que hoxe en día segue habitada.Ons, ademais, é un dos Bens de Interese Cultural beneficiados polos fondos Next Generation dentro dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), cunha inversión de 1,4 millóns de euros para a mellora das infraestruturas básicas e da súa accesibilidade, a reordenación do mobiliario público e a disposición de sinaléctica. O Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas comezou a súa andaina en xullo do ano 2002 co reto de garantir un equilibrio entre a protección dos seus valores naturais cun uso público sostible. A ausencia de tráfico rodado, a súa natureza característica, o feito de que as illas sexan un refuxio para aves e unha reserva para a flora autóctona, sumado ás súas praias paradisíacas e ás súas augas cristalinas, fan do parque un destino turístico singular e único, como teñen recollido prestixiosas publicacións internacionais.A intención do Goberno galego é seguir traballando na conservación do parque e na protección dos seus recursos, un éxito de xestión turística que permitiu que no que vai de ano o número de visitas, con máis de 109.500 persoas ata o mes de xuño, estea xa a niveis prepandemia. Para o presidente da Xunta, é resultado dunha xestión que permite “compaxinar o coidado medioambiental co desenvolvemento turístico”. Alfonso Rueda dixo que as Illas Atlánticas eran “catro anacos do paraíso” que os galegos están obrigados a coidar. “Volver dentro de 20 anos e atopar a mesma paisaxe será a mellor proba do que fixemos ben”, subliñou o presidente da Xunta. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar