• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda destaca as oportunidades que ofrece o programa Emprega Xuventude para abrir as portas do mercado laboral ao talento da mocidade galega

Rueda destaca as oportunidades que ofrece o programa Emprega Xuventude para abrir as portas do mercado laboral ao talento da mocidade galega

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:55

Recorda que tralo éxito da primeira edición, o Goberno autonómico sacou unha nova convocatoria á que destina preto de 30 M? para facilitar a contratación de preto de 2.000 mozas e mozos

Sinala que a mocidade precisa de emprego estable e de calidade para poder desenvolver o seu proxecto de vida e que as empresas galegas precisan da preparación e o pulo da xuventude

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Pontevedra, 8 de febreiro de 2023O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destaca as oportunidades que ofrece o programa Emprega Xuventude para abrir as portas do mercado laboral ao talento da mocidade galega. Asegurouno na inauguración da Xornada Emprega Xuventude, que reuniu en Pontevedra a mozas e mozos preceptores das axudas do Goberno galego para entrar no mercado laboral e a empresas colaboradoras e contratantes, un acto no que estivo acompañado pola conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López. A Xunta de Galicia organizou o encontro para dar a coñecer as accións que está a levar a cabo para incentivar a contratación da xente moza, para abrirlle ao talento as portas do mercado laboral e para que a mocidade decida quedarse en Galicia e desenvolver na súa terra o seu proxecto de vida. Con ese obxectivo, o Goberno galego puxo en marcha o ano pasado o plan Emprega Xuventude, e dado o éxito da convocatoria, tirou este ano dunha nova edición á que se destinan case 30 millóns de euros para facilitar a contratación de preto de 2.000 mozos e mozas. “Do que se trata –dixo o presidente da Xunta– é de darlle unha oportunidade á xente moza, que se quere traballar aquí, que poida facelo”.Ao encontro acudiron representantes de empresas de diferentes eidos que se beneficiaron das axudas do programa, así como mozas e mozos contratados a través da convocatoria que deron a coñecer a súa experiencia no mercado laboral. Sectores como as TIC, os coidados, a tecnoloxía, a comunicación ou os deportes, que tanto chaman á xuventude e que tan necesitados están de persoal cualificado, botaron man desta oportunidade que lles permitiu mellorar a súa competitividade, en tanto que as mozas e mozos beneficiarios puideron romper o teito de cristal da primeira contratación e iniciar así a súa andaina profesional.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo