• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Rueda salienta que a primeira edición da aceleradora Galicia Avanza axudará a 30 pemes innovadoras a exportar co apoio da Xunta e a Tecnópole

Rueda salienta que a primeira edición da aceleradora Galicia Avanza axudará a 30 pemes innovadoras a exportar co apoio da Xunta e a Tecnópole

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 22:35

Asegura que o Novo Plan Estratéxico da Tecnópole servirá para renovar a fortaleza deste espazo de “innovación e progreso empresarial”

Resalta a importancia de estreitar a colaboración entre a administración e a economía e da unión entre institucións públicas e privadas ante un momento complexo

Salienta o bo comportamento do emprego en Galicia, xa que os datos que se coñeceron hoxe colocan á Comunidade na terceira cifra máis baixa da serie histórica e no mellor mes de xuño desde que hai rexistros

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, salientou na clausura da asemblea da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) que a primeira edición da aceleradora Galicia Avanza axudará a 30 pemes innovadoras a exportar co apoio da Xunta e a Tecnópole. Galicia Avanza, unha aceleradora impulsada pola Administración galega e a Tecnópole, conta cun orzamento de 2,24 M? para fomentar a internacionalización das empresas. Nesta primeira edición serán 30 as pemes innovadoras ou de base tecnolóxica que se beneficien desta iniciativa para exportar os seus produtos e servizos.Ao longo da súa intervención, Rueda lembrou o obxectivo final desta asemblea é “unir, estabilizar e saír máis fortalecidos”. Seguindo esta liña, incidiu na importancia da unión entre institucións públicas e privadas e estreitar a colaboración da administración e a economía nun momento económico complexo. Rueda afirmou que un deses primeiros retos que esixen estabilidade está relacionada coa crecente inflación de dous díxitos que merma ingresos e carcome aforros. Nesta liña, Galicia segue a ser a segunda comunidade autónoma con menos endebedamento per cápita de toda España.Deste xeito, agora “temos marxe para apoiar a familias e empresas cando o necesitan”, con medidas como a baixada de impostos coa redución do primeiro tramo do IRPF e a rebaixa no Imposto da renda para as familias con dous fillos, a implantación do bono social térmico para axudar a 66.000 fogares ou a activación dos préstamos para a industria manufactureira e unha nova liña de avais do Igape.O titular do Goberno galego incidiu na importancia de aproveitar ao máximo os fondos de recuperación Next Generation con colaboración público–privada. Neste senso, salientou o papel do noso tecido empresarial coa inclusión da candidatura galega de proxectos sólidos que se aliñan cos obxectivos europeos de transformación ecolóxica e dixital. Durante o seu discurso, Alfonso Rueda lembrou o “papel protagonista” que xoga Ourense no progreso económico. A provincia alberga empresas punteiras no sector agroalimentario e da lousa, o turismo ou o termalismo ourensán que concentra o maior potencial de España. Con 66 municipios, Ourense é a provincia con máis Concellos Emprendedores, case a metade do total de Galicia (152).Por esta mesma razón deséñase o Novo Plan Estratéxico da Tecnópole 2022–2024 para “renovar a fortaleza deste espazo de talento, de innovación e de progreso empresarial”. O presidente da Xunta de Galicia resumiu o plan en cinco liñas principais: a ocupación e creación de novos espazos; a formación, comunicación e márketing; a sustentabilidade, a innovación e o desenvolvemento empresarial. O titular do Goberno galego salientou que “a FP é imprescindible” e que coa modalidade dual pode alcanzar a práctica inserción plena dos seus titulados. Deste xeito, Ourense albergará o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, que en abril licitou o seu equipamento por 1,4 M?. Alfonso Rueda referiuse tamén aos bos datos de colocación laboral que se coñeceron esta mañá, xa que a Comunidade galega conta con 140.000 desempregados rexistrados, a terceira cifra máis baixa da serie histórica e o mellor mes de xuño desde que hai rexistros. O presidente do Goberno galego apelou á unión para seguir mantendo ese ritmo de emprego e para afrontar os retos que se presentan no eido económico. Por iso animou á CEO, ao tecido empresarial e a todas as administracións a traballar man a man coa Xunta para afrontar a crise de prezos e a incerteza económica. “Non podemos perder de vista o que estamos experimentando e o que se aveciña nos vindeiros meses. Non son poucos os retos que temos, nin doados de afrontar”. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar