• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Sanidade aproba as bases da III Edición dos Premios de Innovación no sistema público de saúde de Galicia

Sanidade aproba as bases da III Edición dos Premios de Innovación no sistema público de saúde de Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:50

A finalidade dos premios é incentivar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no presente ano, así como as dos pacientes e as súas asociacións

O Servizo Galego de Saúde impulsará as ideas galardoadas para a súa implantación no sistema

A Consellería de Sanidade vén de aprobar e publicar as bases reguladoras da III Edición dos Premios de Innovación no Sistema Público de Saúde de Galicia. Estes premios, convocados pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo dependente do departamento sanitario galego, pretenden potenciar as ideas innovadoras nas que traballan os profesionais sanitarios, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego, e, tamén, aquelas propostas achegadas por persoas físicas (pacientes, coidadores, etc), organizacións ou asociacións de pacientes.Nesta nova edición, as dúas modalidades de participación (profesionais e pacientes) contarán con dous gañadores cada unha. Na modalidade de ideas dos profesionais, a dotación económica será de 6.500 euros para a candidatura gañadora do primeiro premio e 3.250 para o segundo. No apartado dos pacientes, o primeiro premio é de 2.000 euros para o proxecto ganador e 1.000 euros para o segundo. A Consellería de Sanidade remarca a boa acollida que tiveron as dúas convocatorias anteriores deste premios. Así, na primeira edición, dende as sete áreas sanitarias achegáronse 56 iniciativas desde o eido profesional e outras 14 dende a categoría dos pacientes, organizacións ou asociacions que traballan na procura dun sistema público de saúde máis innovador e eficiente.Na segunda edición participaron un total de 99 proxectos, dos que 75 corresponderon á categoría profesional e 24 á modalidade de asociacións e pacientes.Sinalar que un dos incentivos principais destes premios é que as candidaturas galardoadas continúen no proceso de innovación aprobado pola administración na Plataforma de Innovación Sanitaria para o seu posible desenvolvemento no Sergas. Deste xeito, o departamento sanitario galego impulsará as ideas galardoadas para a súa implantación no sistema.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Reproducir
Directo Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Escuchar