• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Sanidade reúne perfís sanitarios, científicos e xurídicos nunha xornada centrada na saúde mental da muller dende unha perspectiva multidisciplinar

Sanidade reúne perfís sanitarios, científicos e xurídicos nunha xornada centrada na saúde mental da muller dende unha perspectiva multidisciplinar

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:05

A Xunta reforza os recursos de atención á saúde mental na infancia, na adolescencia e ás persoas maiores a través dos preto de 100 proxectos que recolle o Plan galego

A nova unidade de hospitalización infanto–xuvenil para o tratamento da patoloxía psiquiátrica aguda grave na infancia e adolescencia do Cunqueiro será referente para o sur de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou hoxe, no Edificio Administrativo do Sergas, unha xornada que ten por obxecto abordar a saúde mental da muller dende múltiples perspectivas como a sanitaria, a científica ou a xurídica, temática coa que o departamento sanitario galego está fondamente comprometido, ”e que representa un reto que é facer que o noso sistema sanitario aborde as diferenzas en saúde entre homes e mulleres dende múltiples ópticas”, –dixo Comesaña–.Tal e como destacou o conselleiro, “en Galicia vimos de iniciar un proceso participativo da nova Estratexia galega de saúde, coa que poremos a saúde da muller no centro das políticas sanitarias”. Esta estratexia incorpora o enfoque de xénero na súa planificación e programas asistenciais, así como nos ámbitos da investigación.Na súa intervención, Comesaña puxo en valor o Plan de Saúde Mental de Galicia, no que se priorizaron preto de 100 proxectos, dando especial relevancia ao reforzo dos recursos de atención á saúde mental na infancia e na adolescencia, así como na atención aos maiores, “por ser temas de máxima prioridade”. Un dos eixos ao redor dos que xira este Plan refírese á saúde mental na infancia e na adolescencia, e entre as actuacións prioritarias que marca está o compromiso da creación de hospitais de día infanto–xuvenís nas sete áreas sanitarias. O conselleiro sinalou que este ano comezarán a funcionar os de Ferrol e A Coruña, e no 2024, pecharase o compromiso co inicio do de Pontevedra. En cada unha das unidades, contratouse un novo profesional de psiquiatría, un de psicoloxía clínica, un de traballo social e outro de enfermería especializada. O Plan previu reforzar a capacidade da sanidade pública galega para atender aqueles rapaces cuxos ingresos non se poidan evitar, o que supón a creación dunha segunda unidade de hospitalización infanto–xuvenil para o tratamento da patoloxía psiquiátrica aguda grave na infancia e adolescencia para a área sur de Galicia, que se asentará no Álvaro Cunqueiro, “e que vai permitir duplicar as camas dispoñibles para ingresos, de ser preciso”. A unidade vai acompañada dunha nova e maior dotación de recursos humanos formada por dous psiquiatras, un psicólogo, un terapeuta ocupacional, un traballador social e un amplo equipo de enfermaría especializado en saúde mental, que deberá garantir a atención, a seguridade e o coidado integral dos menores as 24 horas do día.Comesaña sinalou que as actuacións nesta materia non poderían entenderse sen un reforzo do persoal. Un dos obxectivos do Plan era completar, a finais de 2024, un total de 241 novas contratacións de profesionais, con respecto ao 2020. Así, os orzamentos deste ano para persoal de saúde mental incrementáronse en 10 millóns, comparados cos de antes de iniciar o Plan; “e contratamos xa máis de 130 profesionais”. Xunto ao anterior, a Xunta impulsou unha Lei de medidas extraordinarias para prazas de difícil cobertura, incluíndo nela as dos servizos de saúde mental. Neste ano, o Goberno galego cubrirá, por concurso de méritos, máis de 170 prazas de psquiatría, psicoloxía clínica e enfermería especialista. O titular da carteira sanitaria dixo que, nesta xornada, tamén se tratará un tema que necesita da máxima visibilización, como é a violencia de xénero. Ao respecto, o conselleiro incidiu que, no ámbito sanitario, “coñecemos a transcendencia deste grave problema e o seu impacto na saúde, e somos conscientes da importancia que teñen as nosas actuacións para detectalo e contribuír a eliminalo”. Comesaña remarcou que no Sergas cóntase cun grupo de traballo interdisciplinar e, entre as súas funcións, destaca a formación de profesionais e a colaboración no deseño de actuacións e programas públicos en materia de violencia de xénero no eido sanitario e, froito desa implicación, xorden traballos coma o Procedemento de cribado e actuación en saúde, elaborado a finais do ano 2020; Asemade, no pasado ano, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero aprobou o ‘Procedemento de atención a mulleres vítimas de agresión sexual’ e o ‘Procedemento de actuación do Sergas ante casos de sospeita de submisión química’. Ademais, o ‘Procedemento de acompañamento e protección de mulleres en situación de violencia de xénero’ prevé a creación dunha vía rápida de atención sanitaria e psicosocial a mulleres, nenas e nenos en situación de violencia de xénero, en colaboración cos dispositivos e axentes implicados nesta atención, –concluíu Comesaña–. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo