• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A secretaría xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reforzarán a dixitalización de fondos de sociedades do exterior

A secretaría xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reforzarán a dixitalización de fondos de sociedades do exterior

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:05

No marco da reunión entre os representantes de ambas entidades fíxose un balance das actividades desenvolvidas en colaboración ao longo deste ano

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e o Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodíguez Miranda revisaron as actuacións conxuntas para o coñecemento e divulgación da emigración galega no marco da xuntanza que mantiveron na sede do CCG. A dixitalización dos fondos de sociedades de emigrantes, así como os referentes aos procesos de emigración galega centrarán as liñas de acción para os vindeiros meses. No marco da xuntanza fíxose un balance das actividades desenvolvidas entre ambas entidades e que van desde os proxectos de difusión como o especial dixital “Historias de ida e volta” para dar a coñecer materiais do Arquivo da Emigración, ata xornadas como “Patrimonio material e inmaterial da emigración galega a Portugal (séculos XVIII–XX): A solidariedade e cooperación transfronteiriza na Raia Seca” desenvolvida o pasado 16 de novembro ou “Musealizar a arte do exilio galego” realizada o 25 de outubro.Entre as actividades conxuntas máis recentes está a organización de “Materiais Seoane” que, en colaboración co Museo Larreta, presenta unha representativa selección de xilografías, óleos, cerámicas, serigrafías, obra téxtil, revistas, libros, carteis ou tapas de discos, e dá conta dos camiños e da diversidade experimental da produción de Luís Seoane. No apartado expositivo posibilitáronse novas itinerancias de mostras como “Inventio Mundi, Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV–XVII”, “Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia” ou “O soño cubano da emigración galega”, mostras organizadas polo CCG que axudan a entender, contextualizar e coñecer a importancia que tivo a emigración galega. Ademais, tamén se fixo unha revisión dos traballos de documentación e deseño para a vindeira exposición da institución que se centrará en visibilizar a presenza galega no Reino Unido. Outra das liñas de acción conxunta é a edición de novos números da colección editorial «Clásicos da emigración galega”, nada para rescatar en edición facsímil e comentada dunha ducia de títulos de diferentes xéneros que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías e que, así, poden ser máis accesibles para o público investigador, mais tamén para calquera persoa interesada no tema. Reúne as distintas perspectivas que marcaron un dos fenómenos demográficos máis importantes dos últimos séculos en Galicia a través de obras que abranguen tanto ensaios como literatura de ficción ou biografías, entre outros xéneros, escritos entre principios do século XX e os anos 60, aproximadamente. Cada un dos volumes está prologado por un especialista contemporáneo na materia, como Ramón Villares, Raúl Soutelo ou Xosé M. Núñez Seixas, entre outros.O Arquivo da Emigración Galega é un centro que desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter netamente interdisciplinar. Entre as súas áreas de traballo está a difusión de estudos sobre o fenómeno migratorio, a través de publicacións de obras de interese cultural e científico. Está dirixido por Xosé Manoel Núñez Seixas e conta entre os seus membros con Antía Pérez, Xesús Fraga, Raúl Soutelo ou Luís Domínguez


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Reproducir
Directo Fin de Semana

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Escuchar