• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Un total de 281 tendas da Mariña participan no Bono Activa Comercio da Xunta, que mobilizou xa preto de 375.000 euros en vendas na zona

Un total de 281 tendas da Mariña participan no Bono Activa Comercio da Xunta, que mobilizou xa preto de 375.000 euros en vendas na zona

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:32

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos de Viveiro, concello no que se poden utilizar os descontos en 86 negocios

Os bonos poderán empregarse ata que o importe total dos descontos utilizados alcance os 2,5 millóns de euros que a Administración autonómica destina ao programa nesta convocatoria

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Viveiro os establecementos Complementos Sulian, Moviltom e Paquetería Mónica, participantes na terceira edición do programa do Bono Activa Comercio que impulsa a Xunta de Galicia. Nesta iniciativa, a través da cal se ofrecen descontos de ata 30 euros, participan un total de 281 tendas da Mariña, onde xa se mobilizaron preto de 375.000 euros en vendas. No Concello de Viveiro son un total de 86 os establecementos que se sumaron á iniciativa. Como principal novidade desta edición do Bono Activa Comercio e para optimizar o seu funcionamento, non se limita o número de usuarios que poden descargarse os bonos ?un por persoa?, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros que a Administración autonómica destina á iniciativa nesta convocatoria os bonos descargados xa non se poderán utilizar.As persoas consumidoras poden descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. Os bonos teñen formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar