• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Trenor anuncia un investimento de máis de 339.000 euros para a renovación da cuberta, as fiestras e a cuberta da marquesiña no IES Virxe do Mar de Noia

Trenor anuncia un investimento de máis de 339.000 euros para a renovación da cuberta, as fiestras e a cuberta da marquesiña no IES Virxe do Mar de Noia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:30

O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitou o IES Virxe do Mar, para anunciar un investimento de máis de 339.000 euros para levar a cabo a renovación da cuberta, das fiestras e da cubrición da marquesiña que conecta os dous edificios.O representante do Goberno autonómico puntualizou que con este tipo de actuacións o Goberno autonómico está a traballar para transformar e adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais “facéndoos máis confortables, seguros e sostibles”. Neste senso, engadiu que, “dende a Xunta seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.Con respecto á obra prevista consistirá na aplicación dun morteiro de cal na fachada leste que protexa os muros dos axentes atmosféricos ademais da aplicación dun revogo de cal hidráulico nas zonas deterioradas dos zócalos de morteiro. Procederase a eliminar a pintura existente nas restantes fachadas aplicando posteriormente unha pintura ao silicato. Está prevista tamén a substitución das xanelas de aluminio por unhas novas de madeira laminada de castiñeiro con sistema de apertura oscilobatiente. Na cuberta está prevista á protección do remate do frontón da fachada principal con ferro de chumbo para evitar a filtración de auga a través das xuntas dos perpiaños cara ao interior do edificio. O proxecto tamén contempla a substitución de material de cubrición da marquesiña que conecta as dúas edificacións do complexo Tal e como sinalou o representante do Goberno autónomico, estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino e converténdoos en instalacións máis eficientes e sustentables, así como axustadas ás necesidades da educación do século XXI, máis dixitalizadas, con espazos funcionais, amplos e flexibles, mobiliario con rodas, etc. Dotado cun orzamento de 191 M?, a través deste plan prevese renovar catro de cada 10 centros educativos.Esta actuación conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no programa operativo FEDER Galicia 2014–2020


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar