• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Trenor clausura o obradoiro "Arteixo pola capacitación xuvenil 21-22" que ofreceu formación a 16 persoas sen emprego en revestimentos de construción

Trenor clausura o obradoiro “Arteixo pola capacitación xuvenil 21-22” que ofreceu formación a 16 persoas sen emprego en revestimentos de construción

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 02:00

O delegado da Xunta informou que na comarca da Coruña o Goberno galego financiará 9 obradoiros de emprego na convocatoria 22–23 cun investimento que supera os 4,5 millóns de euros

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as necesidades das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, clausurou esta maña o obradoiro de emprego, para menores de 30 anos, de Revestimentos con Pastas e Morteiros na Construción que se desenvolveu en colaboración co Concello Arteixo. Este programa contou cun apoio da Xunta de 369.000 eurosa gran utilidade deste tipo de formación porque ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.O representante do Goberno galego destacou o compromiso do Concello de Arteixo coa empregabilidade porque leva anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta.estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividade coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade das persoas sen emprego mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo. O representante do Goberno galego apuntou que “a convocatoria deste ano inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros dos 9 aos 12 meses meses”. Teñen preferencia, como en pasadas edicións, os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.Trenor destacou que na comarca de Coruña a Xunta financiará, na convocatoria 2022–2023, nove obradoiros de emprego nos concellos de Cambre, Arteixo, Oza–Cesuras, Betanzos, Miño, Curtis, Abegondo e Culleredo, grazas a un investimento que supera o 4,5 millóns de euros. na actualidade, “o Goberno galego está a tramitar unha partida adicional de 10M? para poder chegar a máis beneficiarios, o que permitirá, cun orzamento global de 50,8 millóns de euros, que unhas 2.000 persoas sen emprego poidan formarse e acceder a un contrato laboral a través de máis dun cento de talleres en toda Galicia”.OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO REALIZACIÓN DE MOBILIARIO URBANO E RESTAURACIÓN DE ZONAS VERDES MUNICIPAIS 2OBRADOIRO DE EMPREGO ARTEIXO–A LARACHA POLO EMPREGO IV OBRADOIRO DE EMPREGO REACTIVA I OZA–CESURAS, COIROS E MESÍAPADERNE, PONTEDEUME, MONFERO, CABANASRESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE IIBERGONDO, BETANZOS, CARRAL, COIRÓS, OZA–CESURAS, PADERNE,TOTAL COMARCA A CORUÑA Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar