• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e os Colexios de Médicos acordan avanzar no impulso da atención primaria e na compatibilidade da práctica profesional

A Xunta e os Colexios de Médicos acordan avanzar no impulso da atención primaria e na compatibilidade da práctica profesional

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:55

Os facultativos expresaron ao Goberno galego que, na súa opinión, é necesaria unha reestruturación territorial da atención primaria

A Xunta pide aos representantes dos médicos apoio para incrementar a capacidade formativa e contar con máis prazas MIR

Coinciden no diagnóstico sobre as principais dificultades que afronta o sistema sanitario, fundamentalmente a falta de médicos

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou hoxe que a Xunta acordou co Consello Galego de Colexios Médicos avanzar no impulso á atención primaria e na compatibilidade da práctica profesional. Estas foron as principais conclusións do encontro que presidiu o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, no que pediu o apoio dos Colexios para incrementar a capacidade formativa e contar con máis prazas MIR e unidades docentes.Os representantes dos facultativos expresáronlle á Xunta que, na súa opinión, é necesaria unha reestruturación territorial da atención primaria Ambas partes coincidiron durante a reunión no diagnóstico sobre as principais dificultades que afronta o sistema sanitario, fundamentalmente a falta de médicos. García Comesaña subliñou que desde o ano 2009 xa se duplicaron as prazas de formación de medicina de familia en Galicia e que o 90 % dos profesionais que rematan esta especialidade quedan traballando no Servizo Galego de Saúde.Así mesmo, o conselleiro reiterou o compromiso da Xunta de flexibilizar, antes do remate deste ano, os criterios de compatibilidade para os médicos que traballan tanto en centros públicos como en privados.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar