• Sábado, 02 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta completará en xaneiro a posta en marcha de todos os servizos do centro integral de saúde de Lugo

A Xunta completará en xaneiro a posta en marcha de todos os servizos do centro integral de saúde de Lugo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 23:20

O conselleiro de Sanidade avanza no Parlamento a mudanza das consultas de atención primaria na semana do 18 de decembro e o traslado de fisioterapia, odontoloxía e saúde mental en xaneiro

Comesaña fixa para 2026 a finalización da reforma do centro de saúde da Milagrosa e lamenta de novo que o Concello de Lugo aínda no ofrecese unha parcela para o novo centro de saúde de Sagrado Corazón

A Xunta de Galicia completará no mes de xaneiro a posta en marcha de todos os servizos do Centro Integral de Saúde de Lugo. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta dun dos grupos da Cámara referida ás infraestruturas sanitarias de atención primaria desta cidade.Tal e como detallou o conselleiro, o CIS abriu as súas portas ao público a finais de novembro, coa posta en marcha do PAC e da base do 061, e a partires da semana do 18 de decembro acollerá a atención primaria de parte dos usuarios do centro de saúde da Milagrosa. Nesa semana, mudaranse ao CIS un total de 12 consultas de medicina de familia e 12 de enfermería, así como o farmacéutico de primaria e o nutricionista que están hoxe exercendo no centro de saúde da Milagrosa. Así, todos os pacientes deste persoal sanitario serán atendidos xa no novo CIS a finais deste mes.Finalmente, –proseguiu o máximo responsable do Sergas–, no mes de xaneiro completarase o traslado dos servizos de fisioterapia, odontoloxía e saúde mental.Segundo explicou Comesaña, o remate das obras do Centro Integral posibilita o comezo da reforma do centro de saúde da Milagrosa co menor impacto para os usuarios, xa que a totalidade dos seus servizos será trasladados ao CIS durante a reforma. A Xunta xa conta dende o mes de setembro co proxecto básico para levar a cabo a mesma, e está redactando o proxecto de execución para que, nos primeiros meses do próximo ano, a Axencia Galega de Infraestruturas poda licitar xa a obra. O titular da carteira sanitaria incidiu en que, con esa previsión, os orzamentos da Xunta para 2024 contemplan os primeiros 700.000 euros para iniciar esa obra, que terá un investimento total de 2,5 M?. Este dotación será superior no 2025, coa idea de ter rematada esta reforma no 2026.Logo das obras do CIS da Residencia e do centro de saúde da Milagrosa, o responsable da sanidade pública galega dixo que a terceira gran actuación prevista nesta cidade é o centro de saúde Sagrado Corazón. Dende a Xunta propúxose un novo centro que pasase de 561 a 1.534 metros cadrados, cun incremento de sete consultas. Ao respecto, Comesaña subliñou que esta actuación escapa ao alcance do seu departamento, debido á falta de colaboración do Concello de Lugo, ao que lle remitiu tres cartas nos últimos dous anos solicitándolle a cesión dunha parcela para a construción deste centro, e todas elas sen resposta.Os avances palpables no CIS e os pasos administrativos no proxecto da Milagrosa, concretan, –remarcou o conselleiro–, o compromiso do Goberno galego con Lugo, coa súa atención primaria e coa renovación das infraestruturas sanitarias desta cidade, e sería desexable que o resto de administracións compartisen ese compromiso, –concluíu Comesaña–. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar