COPE

Xunta de Galicia

A Xunta e o concello de Vilarmaior reforzan a súa colaboración para a mellora das infraestruturas rurais e a prevención de incendios forestais

A Xunta e o concello de Vilarmaior reforzan a súa colaboración para a mellora das infraestruturas rurais e a prevención de incendios forestais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:25

O alcalde deste municipio coruñés foi recibido en San Caetano polo conselleiro do Medio Rural en funcións, nunha xuntanza na que tamén participaron os directores xerais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e de Defensa do Monte

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado polos directores xerais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez.No encontro avaliáronse as diferentes posibilidades de colaboración entre a Xunta e o Concello en materia de mellora das infraestruturas rurais neste municipio coruñés. Así, abordáronse diversas vías de cooperación neste sentido, centradas tanto no impulso á mobilidade e á conectividade en vías municipais como á humanización de instalacións xa existentes, con vistas a favorecer a calidade de vida no seu rural.Ademais, tamén se avanzou no traballo conxunto de prevención e defensa contra incendios forestais, centrado na participación municipal nestas tarefas, tanto no que atinxe ao axeitado mantemento da biomasa como a labores de apoio á extinción, en caso necesario. Neste sentido, os responsables da Consellería e o rexedor municipal puxeron en valor o feito de que este concello estea adherido dende o ano 2019 ao convenio de protección das aldeas, que teñen subscrito a Xunta, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Este acordo, asinado xa por 273 municipios da comunidade, mantén o sistema público galego de xestión da biomasa en áreas próximas ás vivendas e facilita o marco de colaboración institucional necesario para a defensa das persoas e dos bens fronte o lume.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 4

Directo Tiempo de juego - Final de la Europa League

Tiempo de juego - Final de la Europa League

Con Paco González, Manolo Lama y Pepe Domingo Castaño

Escuchar
Directo Siente el Carnaval de Cádiz

Siente el Carnaval de Cádiz

Con Rubén López en COPE Cádiz

Escuchar
Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez e Inma Mansilla

Ver TRECE