• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta contribúe á rehabilitación da carabela "A Pinta" no marco do proxecto Exploraterra ao que achega 300.000 euros

A Xunta contribúe á rehabilitación da carabela “A Pinta” no marco do proxecto Exploraterra ao que achega 300.000 euros

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 22:35

A representante autonómica destacou a importancia de preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural vencellado á era das grandes expedicións marítimas nas que Galicia ten un “importante protagonismo histórico”

Turismo de Galicia participa nesta iniciativa cultural, que inclúe ademais da reforma da carabela, un novo espazo dixital na Casa da Navegación de Baiona e unha exposición e un documental baseado na temática do proxecto

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, participou hoxe na presentación do novo equipamento museístico da carabela A Pinta que, tras someterse a unha reforma integral no marco do proxecto europeo Exploraterra, está xa de regreso no embarcadoiro Cristobal García Sarmiento. Segundo informou, a rehabilitación levouse a cabo no marco da iniciativa liderada pola Fundación Nao Victoria, financiada con Fondos Feder a través do programa Interreg V, e que conta coa participación da Xunta entre outras institucións, co obxectivo de por en valor e promover o coñecemento do patrimonio cultural e histórico asociado ás viaxes de descubrimento. Neste sentido, a representante autonómica acentuou a importancia de impulsar iniciativas que contribúan a “preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural” e destacou a especial vinculación de Galicia á era das grandes expedicións marítimas cun “importante protagonismo histórico”. Segundo informou Fernández–Tapias, Turismo de Galicia participa nesta iniciativa cultural cunha achega de preto de 300.000 euros destinada a un conxunto de accións que se desenvolven no marco do Exploraterra, e que inclúe a rehabilitación integral da carabela A Pinta, un novo espazo dixital con ferramentas TIC na Casa da Navegación e a elaboración dunha exposición itinerante e un documental baseado na temática do proxecto. Referiuse así ao ambicioso programa cultural do proxecto Exploraterra como un complemento turístico máis para unha vila que, atravesada polo Camiño Portugués da Costa, enriquece así a súa oferta para os turistas e peregrinos que este ano se acheguen ata Baiona coincidindo co Ano Santo.
Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar