• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta demanda ao Goberno de España que aposte polo equilibrio territorial e manteña en 2023 os descontos nos billetes de autobús, ao igual que fará co ferrocarril

A Xunta demanda ao Goberno de España que aposte polo equilibrio territorial e manteña en 2023 os descontos nos billetes de autobús, ao igual que fará co ferrocarril

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:00

Vázquez Mourelle subliña que Galicia precisa servizos de tren competitivos, pero só a combinación co autobús poderá garantir a mobilidade dos galegos, vivan onde vivan

Destaca que a Xunta activou o 1 de setembro un desconto do 50% no prezo dos billetes de autobús, aumentando un 23% o número de viaxeiros a data de 31 de outubro

Avanza que a Xunta seguirá o vindeiro ano coas axudas para paliar o prezo dos carburantes no sector, cunha partida de 3,5 M?, ao igual que no presente exercicio, como así recollen as contas autonómicas

Salienta que os Orzamentos da Xunta para 2023 destinan máis de 90 M? ao transporte público, financiando o 76% do seu custo para os usuarios, que só deben achegar 24% e o 0% no caso dos menores de 21

Pon en valor a tarxeta Xente Nova da Xunta, coa que 130.000 mozos menores de 21 anos viaxan gratis nos autobuses interurbanos por toda Galicia, contribuíndo á economía das familias

A Xunta demanda ao Goberno de España que aposte polo equilibrio territorial e manteña en 2023 os descontos nos billetes de autobús, ao igual que fará co ferrocarril. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, participou na clausura da Asemblea Xeral da Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar.Vázquez Mourelle subliñou que o ferrocarril é un medio de transporte esencial para Galicia, que precisa servizos competitivos e de calidade, pero só mediante a combinación co autobús se poderá garantir o dereito á mobilidade dos galegos, vivan onde vivan.Neste sentido, explicou que incentivar con descontos e bonos gratis o uso do ferrocarril esquecendo os autobuses é afondar nun desequilibrio territorial no que Galicia adoita saír perdendo. Reiterou o agradecemento da Xunta ao sector do autobús, que fixo posible manter os servizos públicos ao servizo da cidadanía, a pesar da prolongada caída de viaxeiros por mor da pandemia.Lembrou que o Goberno galego destinou 28 M? a garantir a viabilidade das concesións de transporte fronte á crise de viaxeiros causada pola covid, ou 3,5 M? a compensar o incremento de gastos derivado do aumento do custo dos combustibles. Unha axuda cunha partida de 3,5 M? para paliar o prezo dos carburantes no sector que, avanzou, continuará o vindeiro ano, como así recollen as contas da Xunta. A Xunta tamén implantou desde o pasado 1 de setembro un desconto do 50% no prezo dos billetes de autobús interurbano, polo que aínda non recibiu nin un euro do Goberno de España. Neste caso, Ethel Vázquez concretou que entre o 1 de setembro e o 31 de outubro os autobuses da Xunta rexistraron 5,9 millóns de viaxeiros, o que representa un 23% máis que os 4,8 millóns de viaxeiros do ano anterior. Manifestou que o Executivo autonómico continúa apostando con determinación polo transporte público, por iso os Orzamentos para 2023 prevén máis de 90 M? nesta materia, financiando o 76% do custo do billete aos usuarios, que só deben achegar 24%, e o 0% no caso dos menores de 21.que a Xunta, consciente da importancia do transporte de viaxeiros por estrada en Galicia, renovou todas as concesións de autobús interurbano, poñendo á disposición dos galegos máis de 3.500 liñas de autobús que multiplicaron a cobertura.Destacou que con esta renovación se conseguiu levar o autobús onde antes non chegaba, como no caso da provincia de Lugo, onde a cifra de liñas se multiplicou por seis.Puxo en valor iniciativas do Goberno galego como a tarxeta Xente Nova, coa que 130.000 mozos menores de 21 anos viaxan gratis nos autobuses por toda Galicia.Salientou que esta medida permite incorporar á mocidade á mobilidade sostible, contribuír a superar as barreiras entre a Galicia rural e urbana e axudar ás familias no ámbito económico.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo