• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta denuncia os cinco anos perdidos do Goberno de España co AVE por Cerdedo, que carece de planificación e investimentos para materializarse

A Xunta denuncia os cinco anos perdidos do Goberno de España co AVE por Cerdedo, que carece de planificación e investimentos para materializarse

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 23:20

Vázquez Mourelle lamenta que o novo ministro de Transportes “se siga parapetando tras o comodín da necesidade dun novo estudo”

Critica o desinterese do Goberno pola variante de Cerdedo, ao consignar nos Orzamentos Xerais de 2023 tan só 225.000 ? e non incluír previsións plurianuais

Fai fincapé na falta de compromiso do Executivo coa liña de AVE Vigo–Porto–Lisboa, mentres o Goberno luso avanza na planificación e xa puxo data á conexión

A Xunta denuncia os cinco anos perdidos do Goberno de España co AVE por Cerdedo, que carece de planificación e investimentos para materializarse.A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou no Parlamento que este proxecto está hoxe exactamente no mesmo punto no que estaba hai cinco anos, é dicir, en estudo. Neste sentido, lamentou que o novo ministro de Transportes “siga parapetándose tras o comodín da necesidade dun novo estudo”. Criticou que o desinterese pola variante de Cerdedo do Goberno central quedou acreditada nos Orzamentos Xerais do Estado para este 2023, nos que só se consignaron 225.000 ? e nos que non se incluíu ningunha previsión plurianual.No que se refire a infraestruturas ferroviarias en Vigo, sinalou que tamén segue pendente a Saída Sur, imprescindible para acadar unha conexión axeitada por alta velocidade con Portugal.Fixo fincapé en que o compromiso do Goberno coa liña de AVE Vigo–Porto–Lisboa dista moito de ser o axeitado. Fronte a este desleixo do Executivo estatal, puntualizou que o Goberno luso xa puxo data á conexión, prevéndoa para o ano 2030. Indicou que este proxecto é un dos moitos que o Goberno central ten pendentes con Galicia, como o caso dos trens AVRIL, sobre os que a día de hoxe non hai información oficial sobre cando van entrar en funcionamento, cantos e as frecuencias a disposición para conectar as cidades galegas con Madrid.Lembrou que o Executivo segue demorando infraestruturas determinantes para beneficiarse do AVE en todo o territorio. Citou como exemplo que a alta velocidade chegou a Ourense, pero aínda non está listo o proxecto para acometer a parte ferroviaria da estación intermodal.A titular de Infraestruturas incidiu nas incertezas sobre a execución da Variante Exterior de Ourense, xa que agora os trens de alta velocidade acceden á cidade a través da vía de ferrocarril convencional, na que se executou unha obra de adaptación que o Goberno cualificou como provisional. Lamentou que o AVE a Lugo está condenado a non chegar, pois a decisión de non actuar sobre o trazado e a eliminación das variantes dos Peares e de Rubián nas obras de modernización que se están a acometer na liña Ourense–Lugo imposibilitan reducir de xeito significativo os tempos de viaxe actuais.Ethel Vázquez sumou a demora na intervención na liña A Coruña–Ferrol, onde segue pendente a redacción do proxecto do baipás de Betanzos e na que non se prevé a execución de ningunha obra.Ademais reclamou ao Goberno unha solución urxente para os retrasos e as incidencias continuas nos servizos ferroviarios convencionais, que se suman aos problemas derivados da falta de frecuencias e prazas.Tamén instou ao Executivo estatal á recuperación de toda a oferta ferroviaria existente antes da pandemia, xa que actualmente hai unha media de 30 conexións menos ao día.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar