• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e a Deputación de Ourense aproban a memoria económica que avala a xestión directa nos catro parques de bombeiros do consorcio provincial

A Xunta e a Deputación de Ourense aproban a memoria económica que avala a xestión directa nos catro parques de bombeiros do consorcio provincial

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:30

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou no pleno extraordinario no que se abordou o documento elaborado pola comisión de estudo técnico–xurídico que agora sae a exposición pública

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Ourense, 29 de marzo de 2023 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe xunto co presidente do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, Pablo Pérez, na reunión do pleno extraordinario para abordar a memoria aprobada pola comisión de estudo técnico–xurídica encargada de levar a cabo os trámites para implantar un modelo de xestión directa nos catro parques de bombeiros deste consorcio. Á reunión tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.A memoria económica que xustifica o paso a xestión directa dos parques de bombeiros de O Carballiño–Ribeiro, Xinzo de Limia, Verín e Valdeorras expoñerase durante 30 días ao público para observacións dos particulares e entidades. Cómpre aclarar que o cambio de xestión inclúe a subrogación dos 75 efectivos que forman o persoal operativo con carácter de fixo. O proceso continuará agora os pasos correspondentes antes da aprobación definitiva do novo modelo nun pleno ordinario do Consorcio. A Xunta apoia a implantación do modelo de xestión directa nos parques de bombeiros da provincia, toda vez que se conclúe que a prestación directa do servizo responde a criterios de eficiencia e eficacia e cumpre co condicionante de que a mesma non supoña un aumento de costes en dita prestación e garanta os dereitos dos traballadores existentes, así como que non implique maiores aportacións económicas para o Goberno galego. A Administración autonómica estableceu xa en 2016 unha vía de diálogo coas deputacións provinciais para definir o modelo de xestión dosconsorcios provinciais co obxectivo de ofrecer unha prestación homoxénea dos servizos de emerxencias en toda a comunidade, de maneira que sexa igual para toda a cidadanía con independencia do seu lugar de residencia. Unha vez culminados os trámites en Ourense os consorcios de bombeiros e salvamento de todas as provincias funcionarán con xestión directa. O Goberno galego mantén o seu compromiso na atención ás emerxencias en todo o territorio galego, neste caso para apoiar a actividade dos parques de bombeiros da Comunidade, a través dos consorcios. Ademais, a Xunta colabora cos servizos de emerxencias dos concellos –Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)– tanto no seu funcionamento como na dotación de equipamento.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar