• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destaca a importancia dos oficios e das técnicas tradicionais para a creación de pezas artesanais de alta calidade

A Xunta destaca a importancia dos oficios e das técnicas tradicionais para a creación de pezas artesanais de alta calidade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:45

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Santiago de Compostela o curso Marroquinería fina que imparte o artesá Ezequiel Franchi ata o 23 de marzo

Esta iniciativa enmárcase no programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, iniciado o ano pasado e destinado á mellora continua dos profesionais da artesanía e á captación de novos talentos para o sector de xeito que se contribúa á remuda xeracional nestes oficios tradicionais

Nesta primeira parte do ano estanse a desenvolver cursos especializados na tapicería, no tecido, na ourivería compostelá, na patronaxe, na tornería de madeira, na olería tradicional de Buño e na xastrería

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Santiago de Compostela o curso de formación de Marroquinería fina. Elaboración dunha tote bag con asas ríxidas, que imparte o artesán Ezequiel Franchi, do obradoiro Raíces Nómadas Atelier (Ribadeo), finalista nas dúas últimas edicións dos Premios Artesanía de Galicia. Nesta formación trátase de afondar nas técnicas manuais de deseño e elaboración dun bolso de coiro e de perfeccionar diferentes técnicas da marroquinería. O curso estase a desenvolver desde o pasado 16 de febreiro no espazo de Creativas Galegas en Santiago de Compostela, en horario de 16:00 a 20:00 horas os venres e de 10:30 a 14:00 horas e 15:30 a 20:00 horas, os sábados. Entre o alumnado atópanse titulares de obradoiros de Artesanía de Galicia e persoas con formación no oficio da marroquinería, en belas artes e no deseño. Durante a súa visita, o director xeral destacou a importancia da recuperación e mantemento das técnicas tradicionais dos diferentes oficios, como base para unha artesanía contemporánea de alta calidade e de boa factura. Este curso de formación enmárcase no proxecto Aprender da tradición. Oficios e técnicas, un programa impulsado pola Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia e iniciado o pasado ano como un incentivo que permita asegurar a remuda xeracional naqueles oficios e técnicas máis tradicionais. Nesta primeira parte do ano, estanse a desenvolver cursos especializados en tapicería, no tecido, na ourivería compostelá e na acibechería, na patronaxe e na tornería de madeira, e continúanse a desenvolver dous cursos formativos iniciados a finais do ano pasado e especializados en xastrería e na olería tradicional de Buño. Ao longo deste ano está previsto incrementar o número de actividades formativas especializadas en técnicas tradicionais vinculadas a diferentes oficios co obxectivo de ampliar o abano de oficios nos que asegurar a remuda xeracional.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar