• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta destina 4,5 M? a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño

A Xunta destina 4,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:30

O obxectivo é apoiar 60 proxectos que poderían mobilizar 9 millóns de euros

Dirixidas a microempresas, pequenas e medianas empresas e entidades do terceiro sector de acción social con sede en Galicia, teñen aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 13 de marzo

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2024A Xunta está a promover unha nova convocatoria dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme, dirixidos a impulsar a innovación nas pequenas e medianas empresas galegas a través dun orzamento de 4,5 M?. O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 13 de marzo. Estes dous programas pretenden dar resposta ás necesidades das pemes, en especial as menos innovadoras de sectores tradicionais, paliando a súa falla de recursos e coñecementos en materia de innovación. Así, a través de DeseñaPeme incídese na innovación en produto, servizo e experiencias, ademais de marca e identidade corporativa; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización. Ambos os dous programas aspiran a financiar 60 plans de deseño e innovación nas pemes cunha mobilización de 9 M?. As entidades beneficiarias son autónomos, microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro do terceiro sector social, sempre que teñan actividade económica e categoría de peme.O orzamento subvencionable deberá estar entre os 50.000 e os 150.000 euros por cada plan, de xeito que unha mesma peme que se presente ás dúas convocatorias poderá investir ata 300.000 euros. As axudas terán unha intensidade do 50 % e outorgaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva.Os obxectivos destes programas son promover unha cultura de innovación continua e sistemática nas pemes galegas, incrementar o número de empresas que teñen a consideración de innovadoras, aumentar a súa competitividade, potenciar a colaboración das pequenas e medianas compañías co resto de axentes do ecosistema, favorecer a comercialización de resultados da I+D+i, incluír paulatinamente a innovación de procesos e organización no tecido empresarial galego e aumentar o seu gasto en I+D e actividades innovadoras. Estas convocatorias enmárcanse na aposta da Xunta de Galicia por achegar a innovación a todo o tecido empresarial e vense completadas con outras liñas como os Bonos de innovación (abertos ata o 22 de febreiro) para actuacións a curto prazo e dun menor importe; o programa ReAcciona; a aceleradora de internacionalización para proxectos innovadores Galicia Avanza (que se lanzará proximamente); o traballo das distintas business factories ou o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024– DIFERENZA.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar