• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta expón no COP28, o cumio do clima de nacións unidas en Dubai, os pasos que da Galicia para avanzar nunha descarbonización da frota realista e asumible

A Xunta expón no COP28, o cumio do clima de nacións unidas en Dubai, os pasos que da Galicia para avanzar nunha descarbonización da frota realista e asumible

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:35

A Consellería do Mar participa neste fundamental encontro que aborda o impacto cambio climático e as medidas para limitalo xunto aos efectos sobre a sociedade

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica postulará a necesidade de políticas ben definidas e cos recursos suficientes que impulsar e favorezan o tránsito a barcos máis respectuosos co medio pero sen perder competitividade

Dubái na Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), tamén coñecida como COP28, un encontro que se iniciou o pasado 30 de novembro e que se estenderá ata o próximo día 12 de decembro no que se aborda a emerxencia climática global e os seus diferentes impactos na sociedade. Este encontro contará coa presenza do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, quen participará nun dos foros que analiza a afectación destes cambios aos océanos e as comunidades que deles viven, como é o caso se Galicia. O representante da Consellería do Mar participará co relatorio Perspectiva de gobernanza e descarbonización do sector pesqueiro no foro específico sobre ‘Océano–Clima–Sociedade: a CMNUCC e a mitigación, adaptación, financiación e creación de capacidades dos océanos’ dentro da COP28. Na súa participación Antonio Basanta debullará os pasos que se están a dar en Galicia, tanto pola Xunta como polos actores do sector marítimo–pesqueiro, á hora de avanzar no proceso de descarbonización da frota. O representante da Xunta será o único participante por España nun foro que será moderado por Matt Frost, que preside a Asociación sobre os Impactos do Cambio Climático Mariño e é o xefe da Oficina Internacional do Laboratorio Mariño de Plymouth. O resto de relatores proceden de Nacións Unidas, a FAO, a Blue Marine Foundation, a Commonwealth, Global Ocean Trust ou do BNP Paribas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar