• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia impulsa a mellora dos accesos ao parque empresarial de San Cristovo de Cea cun apoio de preto de 120.000 ?

A Xunta de Galicia impulsa a mellora dos accesos ao parque empresarial de San Cristovo de Cea cun apoio de preto de 120.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 14:55

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe as actuacións, que se enmarcan no traballo da Administración autonómica para mellorar e crear novas infraestruturas sostibles nas áreas industriais e impulsar a atracción de investimentos cara aos municipios

Na provincia de Ourense concedéronse apoios a un total de nove proxectos, que supoñen un investimento de máis de 700.000 euros

Galicia destinará o próximo ano 5,6 millóns de euros á mellora dos parques empresariais e á creación de novos viveiros industriais

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA San Cristovo de Cea (Ourense), 7 de decembro de 2022e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá o parque empresarial de San Cristovo de Cea con motivo da actuación de mellora das infraestruturas viarias levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia. En concreto, a Administración galega achegou preto de 120.000 euros (o 80%) para un proxecto no que se investiron preto de 150.000 euros. O de San Cristovo de Cea foi un dos 42 proxectos apoiados en Galicia para a mellora de infraestruturas en parques empresariais. En concreto, na provincia de Ourense concedéronse nove axudas, todas en concellos emprendedores, que supuxeron un investimento total de máis de 700.000?. Estes apoios enmárcanse no compromiso do Goberno galego coa mellora dos parques empresariais da Comunidade que recibirán, en 2023, un total de 5,6M? para a mellora das súas infraestruturas , servizos e para a creación de novos viveiros industriais. Deste xeito, a Administración autonómica ten previsto publicar este mesmo mes a nova convocatoria de mellora de infraestruturas á que destinará un total de 2,1M?. Esta liña ten como obxectivo dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións co obxectivo de modernizalas e ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías, así como promover o emprego local.Os apoios son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.As axudas terán unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros nos caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Esta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e busca ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia, polo que, neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar