• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta insiste en esixir unha moratoria inmediata e temporal da normativa da UE que "afoga a agricultores e gandeiros" mentres Europa reflexiona sobre o futuro deste sector

A Xunta insiste en esixir unha moratoria inmediata e temporal da normativa da UE que “afoga a agricultores e gandeiros” mentres Europa reflexiona sobre o futuro deste sector

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 5'Actualizado 13:15

José González explicou que vén de remitir unha carta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coas demandas do sector primario para que o seu titular as leve ao Consello Europeo de ministros de agricultura que se celebra este luns en Bruxelas

Ante o cambio de rumbo anunciado pola CE, o titular de Medio Rural en funcións destaca que “acredita o posicionamento de Galicia” e fai “aínda máis pertinente, e urxente” a necesidade de suspender a aplicación da lexislación que pon en perigo a viabilidade das explotacións

Pon o foco nas reivindicacións do sector primario, arredor das novas trabas burocráticas e esixencias medioambientais que –compartindo a súa pertinencia– non atenden ás especificidades do territorio nin a tripla sustentabilidade económica, social e medioambiental

Insistiu en que España, como “potencia agroalimentaria”, ten que encabezar “cunha postura activa e contundente” a demanda desta moratoria, atendendo ao que xa pediron produtores e CCAA como Galicia ao longo da negociación da nova PAC, ademais de instar a fixar cláusulas espello nos tratados comerciais

Por outra banda, ademais de celebrar eventos como o de hoxe en Santa Comba, resaltou o apoio da Xunta a este sector, para o que se destinarán neste ano máis de 83 millóns en axudas para afondar na súa competitividade e favorecer a remuda xeracional

Santa Comba (A Coruña), 24 de febreiro de 2024 O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, valorou hoxe o feito de que a Unión Europea estea tomando nota” das demandas dos agricultores e gandeiros e empece a actuar en consecuencia, propoñendo reformas para reducir a burocracia e aliviar requisitos ambientais. Nunha visita ao XXXII Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2024”, que se celebra na localidade coruñesa de Santa Comba, o titular de Medio Rural en funcións instou ao Goberno español –dende a máxima lealdade institucional– a defender “con forza e cunha postura activa e contundente” os intereses do sector primario. “Non podemos permanecer pasivos diante do que está pasando en toda Europa”, advertiu, con manifestacións que poñen en riba da mesa a “fartura” que hai por unha lexislación europea que impón trabas burocráticas e esixencias medioamentais que poñen en perigo a viabilidade das explotacións. Neste contexto, José González explicou que o Goberno galego trasladou este venres por carta as demandas do sector primario para que o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, as leve ao Consello Europeo de ministros de agricultura que se celebra este luns en Bruxelas. Ademais, o conselleiro sinalou que a rectificación das autoridades comunitarias vén dar a razón a Galicia e a confirmar o que a nosa comunidade vén reclamando con insistencia. É dicir, que o Goberno central debe defender con contundencia en Europa –e en concreto no devandito Consello de ministros– unha moratoria inmediata e temporal da normativa que impón trabas burocráticas e esixencias medioambientais que –compartindo a súa pertinencia– non se deseñaron atendendo á tripla sustentabilidade económica, social e medioambiental das explotacións. “Vemos que hai unha vontade, en Europa, de asumir modificacións”, indicou o conselleiro, quen engadiu que as autoridades comunitarias recoñeceron que “non se fixeron as cousas ben” á hora de contemplar as diferentes particularidades de cada territorio na aplicación destas políticas. En concreto, censurou que por exemplo en España o ministro de Agricultura “se estea preocupando polas zonas con seca e non teña en conta as especificidades das comunidades da Cornixa cantábrica”, algo que sempre se lle trasladou dende Galicia nas negociacións da PAC, engadiu González. Do que se trata, remarcou, é de “compatibilizar os requirimentos medioambientais coa necesaria supervivencia económica e social das nosas explotacións agrícolas e gandeiras”. Desta forma, a Xunta considera que a moratoria deberá estenderse ao longo do período de reflexión estratéxica sobre o rol de agricultores e gandeiros en Europa, en cuestións tan fundamentais como a soberanía alimentaria e a xestión sostible do territorio. Tamén, segundo González, cómpre que España –canto potencia agroalimentaria– defenda o establecemento de cláusulas espello en todos os tratados comerciais que se asinen con terceiros países, para garantir a igualdade nas regras de xogo.Do mesmo xeito, o conselleiro advertiu que as necesarias reformas non poden ser, en ningún caso, unha simple maquillaxe para sufocar as protestas, senón que teñen que ser estruturais, para garantir o futuro do sector. Neste contexto, cómpre reconsiderar medidas coma o caderno dixital, o veterinario de explotación, o emprego de fitosanitarios ou as disposición relacionadas coa nutrición sostible do solo, que a xuízo da Xunta deben quedar en suspenso, e nun futuro, chegado o caso, ser flexibilizadas para unha incorporación paulatina. O Goberno galego, en paralelo, insiste en que o Executivo central debe modificar de inmediato a Lei da Cadea Alimentaria para facer efectiva a prohibición da venda a perdas, como leva tempo pedindo Galicia, ademais de recoñecer as ferramentas de cálculo de costes de produción (Contaláctea e Contacarne) postas en marcha pola Xunta.José González estivo acompañado nesta visita a Santa Comba polo alcalde da localidade, Alberto Romar. Ambos asistiron á segunda xornada deste concurso Fefriga 2024”, organizado pola Federación Frisona Galega, en colaboración co Concello, os Africores provinciais e a propia Consellería do Medio Rural. No acto, o titular de Medio Rural resaltou a importancia desta cita gandeira, que cualificou de referencia” e que está avalada por máis de 30 edicións, polo que trasladou os seus parabéns á Federación Galega Frisona polo traballo realizado. A maiores, reiterou o apoio da Xunta a este tipo de eventos sectoriais, que este ano contan de novo cunha liña de axudas específicas para a súa celebración, dotada nun principio con 200.000 euros e cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 31 de outubro.Aproveitando a súa visita a este concurso, o conselleiro recalcou que o Goberno autonómico seguirá apostando pola gandaría, un sector absolutamente fundamental” polos postos de traballo que xera e polo que supón para a xestión do territorio. No caso concreto do lácteo, ligado a este concurso, sinalou que o sector vive unha situación xeral de estabilidade”, cun incremento sostido nos últimos anos dos prezos medios, da produción e da facturación dos gandeiros. Por iso, recalcou que desde o Goberno galego seguirase traballando para conseguir que o leite se pague a un prezo que permita aos gandeiros cubrir os seus custos e obter un marxe de beneficio.Tamén fixo fincapé nas liñas de achegas para o fomento do sector, que este ano contan cun orzamento de máis de 83 millóns para accións que permitan afondar na súa competitividade e remuda xeracional. Normal 0 21 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar