• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta licita as obras de acondicionamento do punto de encontro familiar da Coruña, que contarán cun investimento de preto de 540.000 euros

A Xunta licita as obras de acondicionamento do punto de encontro familiar da Coruña, que contarán cun investimento de preto de 540.000 euros

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 03:05

Os traballos, que terán un prazo de execución de seis meses, permitirán trasladar o servizo do Edificio A do complexo do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña, ao Edificio F, para contar con mellores instalacións

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE A Coruña, 3 de decembro de 2022A Xunta sacou a licitación as obras para o acondicionamento do Punto de Encontro Familiar (PEF) da Coruña, que contarán cun investimento de preto de 540.000 euros. Esta reforma permitirá o traslado do actual emprazamento, no Edificio A do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña, ao Edificio F do mesmo complexo. Así, as obras, que terán un prazo de execución de seis meses, consistirán en acondicionar unha parte da planta baixa deste novo edificio para garantir a súa independencia co resto da instalación e crear dúas áreas: unha de administración e outra de encontro familiar. Este procedemento determina os requisitos técnicos que terán que reunir as empresas interesadas, que deberán presentar a súa solicitude para facerse cargo dos traballos. A Xunta está ampliando e mellorando a rede de Puntos de Encontro Familiar que hai en Galicia e que permiten garantir o cumprimento do réxime de visitas establecido xudicialmente en condicións de seguridade para todos os menores. Ademais desta mellora no da Coruña, este mesmo ano entrou en funcionamento o oitavo PEF, en Ribeira, que dá servizo á comarca do Barbanza.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2