• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta presenta a Estratexia Galega de Mobilidade co fin de reducir un 30% as emisións contaminantes e o 80% as vítimas mortais asociadas ao transporte no 2040

A Xunta presenta a Estratexia Galega de Mobilidade co fin de reducir un 30% as emisións contaminantes e o 80% as vítimas mortais asociadas ao transporte no 2040

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 17:15

Vázquez Mourelle explica que se trata dunha folla de ruta para guiar as administracións e responder ás necesidades de mobilidade das persoas e das mercadorías do xeito máis eficaz, sostible, económico e seguro

Detalla que esta ferramenta de planificación transversal da mobilidade contén 19 obxectivos operativos, un conxunto de 12 programas e 98 actuacións concretas

A Estratexia fomenta o concepto da redución nos desprazamentos e nas súas distancias, con teletraballo e novas tecnoloxías; nas emisións do transporte, coa mobilidade peonil, o modo eléctrico e vehículos de emisións cero; ou na sinistralidade

Defínense medidas como o fomento dos servizos de proximidade; os camiños escolares seguros; o billete combinado nos distintos soportes do transporte; os ecoincentivos; criterios de proximidade na contratación pública; ou marquesiña virtual

Esta planificación deriva dun exhaustivo diagnóstico que procesou máis de 200 millóns de datos de dispositivos móbiles correspondentes a 600.000 relacións de desprazamentos, estudando os tempos e traxectos dos traslados en toda Galicia

A conselleira destaca que a Estratexia require coordinación das administracións e implicación da sociedade, convidando á realización de achegas ata o 31 de marzo

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023 A Xunta presentou hoxe a Estratexia Galega de Mobilidade co obxectivo de reducir un 30% as emisións contaminantes derivadas do transporte e o 80% as vítimas mortais derivadas da mobilidade no ano 2040.A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentou este documento que hoxe se somete a información pública. Subliñou que se trata dunha folla de ruta para guiar as administracións en Galicia para responder ás necesidades de mobilidade das persoas e das mercadorías do xeito máis eficaz, sostible, económico e seguro, co apoio da innovación e das nova tecnoloxías.Ethel Vázquez explicou que as transformacións socioeconómicas dos últimos anos obrigan a dotar Galicia dunha planificación transversal e estratéxica para garantir a mobilidade á medida das persoas e das mercadorías, de forma coherente co contexto climático, económico, tecnolóxico e enerxético.Indicou que a Estratexia suporá un novo modelo baseado nunha mobilidade de baixas emisións, en promover o transporte público, a intermodalidade e os desprazamentos non motorizados dunha maneira efectiva, como parte da loita contra o cambio climático. A conselleira detallou que esta completa ferramenta de planificación transversal da mobilidade contén 5 obxectivos estratéxicos, 19 obxectivos operativos, un conxunto de 12 programas e 98 actuacións.Remarcou que este modelo integral de mobilidade está baseado nunha rede de transporte interurbana onde as conexións se planifiquen e complementen os dous grandes modelos de mobilidade en Galicia: a urbana e a rural.Mediante una acción transversal, o documento proporá avanzar cara a un novo modelo de mobilidade, en gran medida, cun concepto clave, que é a redución de desprazamentos: achegando os servizos aos cidadáns, con teletraballo e coas novas tecnoloxías.Esta redución tamén se aplicará ás distancias, cunha mellor ordenación do territorio e co fomento de servizos e produtos de proximidade; ás emisións asociadas ao transporte, coa mobilidade peonil, o transporte eléctrico e os vehículos de emisións cero; ou á sinistralidade asociada á mobilidade.Ethel Vázquez concretou que eses obxectivos globais derivan 5 obxectivos estratéxicos para ofrecer unha mobilidade máis funcional, garantir a sustentabilidade ambiental, incrementar a seguridade, apostar pola innovación e abaratar os custos da mobilidade.A partir destes retos defínense materias diversas como o fomento dos servizos de proximidade; os camiños escolares seguros; a accesibilidade e a perspectiva de xénero no transporte; o billete combinado nos distintos soportes do transporte; os ecoincentivos para os vehículos de baixas emisións; ou a implantación de marquesiñas virtuais coas que, mediante un código QR o usuario poida ter acceso a todas as liñas e frecuencias que pasan por esa parada. Cómpre precisar que a Estratexia Galega de Mobilidade baséase nun exhaustivo diagnóstico que tivo en conta os plans sectoriais de transporte público, de seguridade viaria e de infraestruturas do transporte.Procesáronse máis de 200 millóns de datos de dispositivos móbiles correspondentes a 600.000 relacións de desprazamentos, estudáronse as características sobre tempos e traxectos dos traslados en toda Galicia e incorporáronse á análise os hábitos de uso en diferentes modos de transporte.Este traballo de campo permitiu coñecer, por exemplo, que o 95% dos desprazamentos que realizan os galegos son dentro da Comunidade, que máis da metade se realizan dentro da mesma provincia e un terzo no mesmo municipio.O estudo tamén arroxou que o 55% dos desprazamentos totais son de menos de 20 km, que Lugo é a cidade que presenta menor relación de mobilidade cos concellos da contorna, ou que en Ferrol, o 80% das saídas do municipio son aos 10 concellos da comarca.Ademais ratificouse que en verán se incrementan un 30% as viaxes; que as mulleres realizan un 15% menos de desprazamentos que os homes; que os vehículos pesados representan o 7,5% do tráfico, ou que o maior número de viaxes en autobús se realiza entre Vigo e Pontevedra e entre A Coruña e Santiago.A conselleira fixo fincapé en que o desenvolvemento desta Estratexia require da coordinación entre todas as administracións e da implicación do conxunto da sociedade.Convidou á participación, a través do proceso de información pública que hoxe comeza e que permitirá realizar achegas ata o vindeiro 31 de marzo.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar