• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta prohibe de xeito inmediato as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

A Xunta prohibe de xeito inmediato as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:30

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento

A partires deste momento quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que, dende xa, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento. Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa ?Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais? prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento no teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085, dado que desde hoxe e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo