• Sábado, 27 de julio 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta promove novas oportunidades de investimento entre Galicia e China

A Xunta promove novas oportunidades de investimento entre Galicia e China

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:30

Na xuntanza, Lorenzana puxo de manifesto o compromiso da Administración autonómica coa axilidade administrativa e coa redución de prazos e trámites burocráticos para facilitar a actividade empresarial e a implantación de novos proxectos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co socio fundador da empresa Hermanos Huang, Chenglong Huang, con que avaliou as posibilidades de investimento que ofrece Galicia.Na xuntanza, Lorenzana puxo de manifesto o compromiso da Administración autonómica coa axilidade administrativa e coa redución de prazos e trámites burocráticos para facilitar a actividade empresarial e a implantación de novos proxectos. Nese contexto, expuxo as vantaxes que suporá para calquera proxecto con interese por instalar na comunidade contar cos servizos da Oficina Económica Galicia. Unha xanela única dependente do Instituto Económico de Galicia (Igape), con persoal especializado onde atopar asesoramento técnico, económico e administrativo.Con respecto á redución dos tempos de tramitación, explicou que en Galicia daranse maiores garantías ás persoas promotoras ao fixarse un prazo máximo de tramitación dun ano desde a entrega da documentación técnica ata a súa aprobación; coa posibilidade de exixir responsabilidade patrimonial da Administración polos custos incorridos derivados de eventuais retrasos.Apuntou, tamén, que as iniciativas que superen o investimento de 800.000 euros e que teñan incidencia no tecido industrial quedarán incluídas nun plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos. Ademais, estenderase a figura dos Proxectos industriais estratéxicos a outros que, aínda que sexan de menor envergadura, teñan tamén un marcado carácter estratéxico desde un punto de vista de creación de emprego e mellora das cadeas de valor; concretamente, para os que superen os 2M? de investimento e 25 empregos entre directos e indirectos. No que levamos de ano, de xaneiro a setembro, as exportacións galegas a China creceron un 10,5 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar