• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta reitera o seu compromiso cun desenvolvemento sostible para avanzar cara á economía circular

A Xunta reitera o seu compromiso cun desenvolvemento sostible para avanzar cara á economía circular

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:55

Ángeles Vázquez pon como exemplo dese desenvolvemento respectuoso co medio o proxecto de granxa de cría de larvas de mosca soldado negra que a empresa Bioflytech prevé instalar na localidade

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reiterou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia cun desenvolvemento sostible para avanzar de cara á economía circular durante unha reunión co tecido empresarial do Concello de Palas de Rei.Ángeles Vázquez puxo como exemplo dese desenvolvemento respectuoso co medio o proxecto “estratéxico e innovador” de granxa de cría de larvas de mosca soldado negra que a empresa Bioflytech prevé instalar na localidade xa que, por exemplo, ao ter unha contorna de produción completamente pechado ao exterior, reduce a emisión de gases de efecto invernadoiro. Deste xeito, Galicia segue dando pasos para acadar o obxectivo global marcado pola Unión Europea de reducir as emisións nun 57% en 2030 e avanzar cara a unha Comunidade neutra, verde e resiliente.A maiores, este proxecto conta cunha avaliación ambiental que conclúe que non vai supoñer ningún tipo de risco contaminante nin presentan inconvenientes para a súa contorna. Ademais, os insectos converten o alimento en biomasa dunha forma máis sustentable e eficiente que a maioría de seres vivos, reducindo os consumos de auga e o uso de antibióticos.Este tipo de iniciativas están moi vinculados tamén ao concepto de economía circular, xa que os propios insectos actúan como recicladores naturais e asimilan nutrientes dunha ampla gama de produtos orgánicos. Bioflytech prevé producir máis de 12.000 toneladas anuais de larva fresca de mosca para, posteriormente, segundo dixo a conselleira, desenvolver fariñas proteicas e graxas destinadas á alimentación animal. Este proxecto innovador, que contará cun investimento de ata 20 M? nunha primeira fase, vai supoñer a creación de máis de 50 empregos directos e uns 75 indirectos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar