• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta reitera o seu ofrecemento ao Concello de Ourense para instalar gaiolas trampa nas zonas periurbanas máis frecuentadas polos xabarís

A Xunta reitera o seu ofrecemento ao Concello de Ourense para instalar gaiolas trampa nas zonas periurbanas máis frecuentadas polos xabarís

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:15

Belén do Campo traslada á asociación que o Goberno local debería sumarse ao protocolo impulsado pola Consellería para poñer á disposición dos municipios este tipo de dispositivos como medida alternativa e complementaria ás accións de caza

A directora xeral salienta tamén a colaboración do sector cinexético da zona, incidindo en que o seu labor resulta clave para o control destas poboacións

A Xunta de Galicia volveu reiterar hoxe que o Concello de Ourense ten á súa disposición o protocolo impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para facilitar a instalación de gaiolas trampa naquelas zonas da cidade nas que se ten detectado nos últimos meses a presenza reiterada de varios exemplares de xabarís.Así llo trasladou esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, aos representantes da Asociación de veciños Virxe de Covadonga, un dos barrios afectados polas incursións destes animais e cos que se reuniu para analizar o problema, acompañada pola xefa territorial de Medio Ambiente en Ourense, Victoria Núñez.Neste sentido e ante a inquedanza xerada pola proximidade dos xabarís a certas zonas poboadas, do Campo trasladoulles que hai unhas semanas a Xunta se puxo en contacto co Goberno local ourensán para ofrecerlle sumarse ao protocolo impulsado polo seu departamento para poñer á disposición das grandes cidades e dos municipios das áreas metropolitanas este tipo de dispositivos, que na práctica ofrecen unha solución alternativa e complementaria ás accións de caza para controlar as poboacións de xabaril.De feito, explicou que a Consellería fixo unha encomenda á empresa Tragsa para facilitar a colocación de gaiolas–trampa en zonas urbanas e periurbanas que adoiten frecuentar estes animais naqueles concellos que, de forma voluntaria, decidan adherirse. Así, a Xunta prestará apoio técnico aos concellos e asumirá os gastos da instalación das gaiolas e a súa vixilancia, ademais de outorgar as correspondentes autorizacións. Pola súa parte, os concellos que se acollan ao protocolo determinarán os lugares estratéxicos e idóneos para instalar as gaiolas e encargaranse da xestión completa dos animais que sexan capturados grazas a este método, así como dos gastos derivados.Ourense foi un dos primeiros concellos cos que a Xunta mantivo contactos para ofrecerlle a posibilidade de colaborar na instalación de gaiolas trampa para xabarís e nestes momentos está á espera de que o Concello confirme a súa intención de sumarse ao protocolo. Mentres tanto, a directora xeral enmarcou a reunión de hoxe coa asociación ourensá nos recentes contactos que mantén a Xunta coa veciñanza e o resto de administracións públicas implicadas no problema na busca de posibles solucións.Así mesmo, Belén do Campo tamén aproveitou a reunión para agradecer a colaboración e a implicación do sector cinexético da zona, incidindo en que é unha peza clave para o control destas poboacións. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Reproducir
Directo Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE