• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta solicita que o Goberno central rectifique a decisión de excluír a Galicia do reparto de fondos para o lobo

A Xunta solicita que o Goberno central rectifique a decisión de excluír a Galicia do reparto de fondos para o lobo

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:55

Belén do Campo lamenta que continúe o bloqueo desa transferencia, que cualifica como “unha decisión unilateral e sen fundamento legal que a xustifique”

Pon en valor que a Xunta xa levou a cabo a actualización do censo do lobo ibérico en Galicia, que conclúe que na Comunidade existen unhas 93 mandas reprodutoras

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023A Xunta solicita que o Goberno central rectifique a decisión de excluír a Galicia do reparto de fondos para o lobo, tal e como reiterou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunha reunión monográfica sobre a xestión e conservación desta especie e na que participaron representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e das comunidades autónomas. Logo de lembrar que Galicia foi unha das comunidades que máis colaborou no establecemento dos criterios para o reparto dos fondos estatais para medidas preventivas e compensatorias por danos causados polo lobo, Do Campo lamentou que continúe o bloqueo desa transferencia, que cualificou como “unha decisión unilateral e sen fundamento legal que a xustifique”. E trasladou a necesidade de que esta situación non se repita na distribución de fondos para este ano 2023.De feito, a Xunta xa interpuxo un recurso contencioso–administrativo contra as resolucións do Miterd, en virtude das cales unicamente recibirán fondos para o lobo aquelas comunidades que non emitiron un voto contrario á Estratexia para a convivencia das actividades do medio rural co lobo e a súa conservación.Cómpre lembrar que en función dos criterios e do reparto territorializado aprobados na Conferencia Sectorial, a Xunta tiña comprometidos para 2022 un total de 4,3 millóns de euros. Pero, posteriormente e en contra dos acordos adoptados, o Miterd vinculou a transferencia efectiva dos fondos á aprobación da devandita Estratexia, unha condición que non figura entre os criterios obxectivos de distribución aprobados no marco da Conferencia sectorial, órgano competente para tomar este tipo de decisións. A directora xeral incidiu en que Galicia non pode subscribir esa Estratexia porque o documento non inclúe un balance dos resultados da estratexia anterior, nin foi redactado a partir dun censo nacional que permita actualizar e cotexar os últimos datos dispoñibles sobre a especie.Nesa liña, Do Campo puxo en valor que a Xunta xa levou a cabo a actualización do censo do lobo ibérico, que conclúe que en Galicia existen unhas 93 mandas reprodutoras, dato que confirma a evolución positiva da especie na Comunidade.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo