• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta valora o compromiso do concello de Cartelle coa protección da paisaxe coa rehabilitación de varios inmobles municipais

A Xunta valora o compromiso do concello de Cartelle coa protección da paisaxe coa rehabilitación de varios inmobles municipais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:56

Estas actuacións foron financiadas con preto de 40.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

Cartelle (Ourense), 8 de febreiro de 2023 A Xunta valora o compromiso do Concello de Cartelle coa protección da paisaxe, logo de levar a cabo a rehabilitación de varios inmobles municipais, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos. Durante unha visita a este municipio ourensán, na que estivo acompañado polo seu alcalde, Jaime Sousa, o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, puxo este Concello como exemplo á hora de empregar esta liña de financiamento, posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2021, para actuacións que permitan corrixir e mellorar o aspecto exterior de vivendas, edificios e equipamentos públicos municipais deteriorados polo paso do tempo e por unha insuficiente conservación.Así, De Salvador salientou os traballos de rehabilitación realizados na fachada da escola da Seara, na que se eliminaron fendas e desconchados nos seus paramentos a través da limpeza, reparación de danos e posterior pintado.Ademais, tamén visitou a actuación feita no lavadoiro Fontegrande, no que se instalou unha estada, se limpou e rexuntou a mampostería, pintouse e realizouse unha soleira de formigón. Para levar a cabo estas actuacións, o Concello contou con preto de 40.000 euros de financiamento, o máximo ao que poden optar as entidades locais nesta liña de axudas. Cómpre lembrar que a Xunta convocou este ano unha nova edición desta iniciativa, que, cun orzamento inicial reservado de 2 millóns de euros ?1 millón para particulares e 1 millón para concellos?, estímase que se poderá axudar a máis de 50 entidades locais e a case 400 cidadáns.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE