• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Preguntamos cómo se vai recuperar o Camiño Real da Fortaleza de Monterrei

A Xunta vai restaurar o enlousado que da acceso a unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia

O castelo de Monterrei é un dos elementos mais destacados do sur da provincia de Ourense

O castelo de Monterrei é un dos elementos mais destacados do sur da provincia de Ourense

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 30 sep 2021

A fortaleza de Monterrei, en Ourense, é un dos castelos mellor conservados de Galicia. Situado na vía da Plata, goza coa protección da declaración de Ben de Interese Cultural e conforma un dos elementos máis característicos do sur da provincia de Ourense.

Visible dende toda a comarca de Verín e Monterrei, é unha visita obrigada nun espazo fronteirizo que cada vez xenera máis interese.

Renovar o Camiño Real ó Castelo

O conxunto está en boa situación de conservación pero o que sí é mellorable é o estado da calzada que lle da acceso. A consellería de Cultura da Xunta de Galicia vai investir 650.000 euros para recuperar o Camiño Real, a calzada pola que se entra ó complexo. Deste xeito, ademáis de aumentar o valor patrimonial do conxunto, prevese que melloren as condicións de accesibilidade.

As obras son necesarias porque o enlousado está deteriorado e afundido nalgúns puntos. Coa renovación prevista vaise aproveitar, ademáis, para incorporar os servizos de saneamento e abastecemento.

A actuación está previsto que quede lista antes do final do ano vindeiro. Primeiro vaise analizar o enlousado tradicional e ademáis prevese que se respeten os xeitos de traballar antigos á hora de construir este tipo de calzadas.

Unha intervención complicada

O arquitecto encargado do proxecto, Eduardo Cruz Aguiar, destaca a complexidade da actuación que ten por diante. "O estado do firme non é nada bo, está moi alterado", explica. "Se estivera na superficie sería complicado de transitar".

A intención é recuperar o lousado onde o hai, porque "nalgúns casos o camiño ía sobre a rocha madre".

Audio


Nove séculos de historia defensiva en Monterrei

O castelo de Monterrei construiuse sobre fortalezas anteriores. A súa configuración actual data do século XII e durante estes nove séculos de historia foi un elemento esencial para defender a fronteira co veciño Portugal.

O complexo destaca polas súas enormes dimensións e consta de tres grandes recintos amurallados, un hospital de peregrinos e o castelo en sí. Un dos elementos máis recoñecibles é a torre da Homenaxe, que foi construida no século XV e que é visible dende toda a comarca de Monterrei.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar