• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

A igrexa de San Francisco de Betanzos loce a súa mellor cara tralas obras de rehabilitación

As obras de restauración resolveron os danos producidos polas humidades

Igrexa San Francisco (Betanzos)

Redaccion COPE CoruñaA Coruña

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:09

A historia de Betanzos, "cidade dos cabaleiros", está ligada á casa de Andrade e, en concreto, ao cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, apodado "O Bo". Grazas ao seu mecenazgo a vila conta cun dos mellores exemplos de gótico mendicante franciscano da península, a igrexa de San Francisco, que foi fundada en 1385. Un monumento "singular" no que destacan os seus rosetóns e as súas videiras góticas.

Rosetón da igrexa de San Francisco de Betanzos

Foto: Turismo de Galicia


No interior, a capela maior, atopamos un relieve que representa a Deus no alto rodeado dos catro evanxelistas.

Igrexa San Francisco de Betanzos

Foto: Turismo de Galicia


Nos nervos da bóveda, anxos tocando distintos instrumentos, entre eles, unha gaita. No máis alto do tellado, nun dos brazos da igrexa pode observarse unha cruz sostida por un xabarín.

Pero, entre todo, destaca a ampla colección de sarcófagos dos diferentes membros da familia Andrade. O máis salientable, o do propio Fernán Pérez de Andrade, considerado precedente da escultura funeraria medieval. Atópase ao pé da igrexa, baixo o coro. Está levantado do chan sobre dous animais representativos dos Andrade: o oso e o xabarín. Sobre o sarcófago, a escultura dun cabaleiro xacente.

Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade

Foto: Turismo de Galicia


OBRAS DE RESTAURACIÓN

Neste monumento singular, o paso do tempo produciu danos, sobre todo de humidades, que foi necesario solventar. Para iso, a Xunta de Galicia adxudicou as actuacións á empresa Obras Gallaecia S.L., cunha inversión de preto de 350000 euros. Segundo o arquitecto que dirixiu o proxecto, Pablo Costa, buscouse "resolver os problemas de humidade por choivas, filtracións ou grietas".

As actuacións desenvolvidas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade na igrexa de San Francisco de Betanzos centráronse, fundamentalmente , na mellora do illamento do convento-igrexa. Para iso programouse o cambio da cuberta por unha nova composta por pranchas de fibrocemento sen amianto e tella cerámica curva e o deseño dun novo trazado da rede de evacuación de pluviais; ademais da revisión do sistema de drenaxe e a análise das pezas de madeira lesionadas do soporte da cuberta.

Coa mesma finalidade de evitar a entrada de humidade no inmoble, a restauración incluiu a impermeabilización dos encontros e puntos singulares con chumbo, o repaso dos rexuntados e a colocación de novas pezas na cornixa.

Audio


Non remata aquí a rehabilitación deste histórico inmoble senon que, segundo Pablo Costa, faría falla engadir "unha rica iluminación máis acorde coa cantidade de elementos iconográficos que ten o monumento". Esa é a intención de Patrimonio da Xunta "seguir implementando accións" a un enclave que conta segundo destacou o director do proxecto de rehabilitación cunha "riqueza absolutamente excepcional". De feito, plantexa a necesidade dun "percorrido museístico acorde á calidade deste monumento".

Na mesma liña pronunciase o párroco da igrexa, o padre Enrique Lista, que avoga pola elaboración de "unidades didácticas" en colaboración con institutos e colexios. E é que asegura que "800 anos de actividade dunha comunidade están quedando no olvido"

Audio


O padre Lista constata que o monumento, tralas obras, quedou "moi ben". Asegura que se notan as obras dunha "maneira extraordinaria". Sinala que en tempos de fortes choivas "nótanse os efectos desta intervención". Lamenta, porén, que a falla de máis recursos non permitise unha "maior intervención". "Non alcanzou o orzamento para a reparación e conservación das vidrieiras e os rosetóns. Tamén sería necesario unha pequena intervención na torre, hai que limpala porque está chea de gaivotas e iso fai que se deteriore. Unha mellor instalación eléctrica e iluminación potenciarían e resaltarían este singular monumento", engadiu.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitaba hai uns meses as actuacións desenvolvidas neste enclave.

Obras igrexa San Francisco de Betanzos
Obras igrexa San Francisco de Betanzos

Foto: Turismo de Galicia


O edificio foi declarado monumento nacional en 1919 e posteriormente Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Aquí podes facer unha visita virtual á igrexa de San Francisco.






Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Reproducir
Directo Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Escuchar